Aarón Rojo Luaces D.E.P.

A maior desgracia volvíose a abatir sobre a veciñanza traballadora, seria, de Xaviña na madrugada deste sábado 4 de agosto de 2012. Á altura de Carantoña o automóvil no que viaxaba o rapaz de 18 anos Aarón Rojo Luaces saíase da calzada e impactaba brutalmente contra un poste da luz caendo este precisamente sobre a zona dereita do coche onde viaxaba como copiloto Aarón. Segundo contan testemuñas presenciais, unha vez trasladado de urxencia pola ambulancia, Aarón chegaba con vida ao hospital de Cee e incluso falaba ca súa nai pero pouco despois sucedía o peor e Aarón falecía. No automóvil siniestrado viaxaban outros dous rapaces que non sufriron feridas de gravedade. Aarón (19/07/1994) era un rapaz xovial e alegre, moi aplicado nos seus estudios e moi respetuoso coa súa familia. Sempre o podíamos ver coa súa gaita acompañando ao grupo Abrindo Rejo de Xaviña do cal formaba parte. ...

Festa da Praia de Xaviña 2012

A importancia dun medio de comunicación mídese pola relevancia que alcanzan e as consecuencias que provocan as súas noticias... ou incluso os seus banners. Fui anunciar Camarinas.eu a próxima publicación de certos documentos que obran no seu poder e todo fui histeria, victimismo, insultos e ameazas. Aparte de que algún que outro se fose literalmente polos pantalóns. Comprensible cando todo o patrimonio que a día e hoxe posee certo vago profesional, superviviente empeñado en afundir as opcións do seu propio partido en Camariñas, é un nada optimista futuro político. Nembargantes, consecuencia de que os redactores de Camarinas.eu non andemos enfangados en patéticos xogos de poder, nin en promesas desesperadas de sucesión política, nin de que teñamos que vivir a conta do traballo dunha esposa nin da pensión dunha sogra, naqueles momentos que se atopa un momento libre nunha axenda gracias a Deus repleta de traballo, ahí nos vamos a desfrutar cas boas xentes das súas festas máis significativas. Como por exemplo este 25 de xullo no Areal do Ariño en Xaviña. ...

San Xoán 2012 en Xaviña

Pois o sábado 23 de xuño tamén se confeccionou un completo programa de actividades para tan sinalada festividade na Parroquia de Xaviña. Será a partires das 22:30 horas no campo de As Pontes, xusto enfrente do templo románico que leva preto de 1.000 anos vendo o lume arrecender ao seu carón e que contará co fondo sonoro subministrado polo Grupo de Gaitas da Asociación Abrindo Rejo, a cal organiza o evento ca colaboración inestimable, por aquelo do tan necesario equilibrio territorial entre as diferentes poboacións que o agrupan, do Concello de Camariñas. E máis nestas épocas de políticos sen escrúpulos que se adican a enfrentar aos diferentes pobos en beneficio (máis ben cesante, dado o estado da súa declinante situación microeconómica) propio, outro exemplo máis da aplicación secular do inevitable "Divide y vencerás". Nembargantes non soen ser as de Xaviña unhas terras que se deixen enganar por supervivientes e enganabobos e así, unidos, felices, en comunión cos restantes veciños do seu concello, celebrarán unha espectacular cachela de San Juan na mellor paraxe posible: aquela que proporciona o templo sagrado máis antigo e fermoso dos contornos. ...

Amelia Rodríguez Lema DEP

Este domingo 3 de xuño deixaba este mundo a querida veciña de Xaviña dona Amelia Rodríguez Lema despois de varios anos padecendo graves problemas de saúde. Señora Amelia, máis coñecida como Amelia da Carrila tiña 75 anos de idade foi velada na súa casa  e será enterrada no Cemiterio Parroquial da súa querida Xaviña ás 19:00 horas deste luns 4 de xuño despois de se celebrar o funeral de corpo presente na Igrexa de Santa María. Dende Camarinas.eu queremos expresar ás nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia especialmente á súa filla Teresa e amigos desta gran muller que nos deixou para sempre este domingo 3 de xuño de 2012. Señora Amelia, Descanse en Paz. ...

Actuación musical Carnaval de Xaviña

Un carnaval sinxelo, familiar e humilde. Feito polas boas xentes da parroquia máis extensa do Concello de Camariñas e compartido cada vez por máis e máis persoas que non queren perderse a gran cita carnavalesca de Xaviña. Unha festa que contou este ano coa participación de tres promesas da canción, tres guapas rapazas que subiron ao palco montado pola Asociación Abrindo Rejo para reflexar diante das masas todo un torrente de voz e sabiduría musical. A camariñana Karina e as xaviñanas Yolanda e Erika deixáronse a pel no escenario para, nunha actuación a tres bandas, asombrar a todos os asistentes. Así e todo, despois houbo tempo para desfrutar cos disfraces de toda a vida e as comparsas que fixeron as delicias de todos con risas e comicadas a esgalla. Pero agora é o turno das rapazas cantantes (no mellor sentido da palabra, non estamos a falar de políticos caraduras que andan a denunciar ao cidadán de a pé) e de todo o seu chorro de voz que camarinas.eu trouxo a estas páxinas nunha noticia en exclusiva. ...