Amelia Suárez traslado de urxencia

As desgracias non acabaron co acaecido este domingo 21 de outubro de 2012 e así na mañán do día da resaca, este luns, o helicóptero de urxencias voltaba a facer un dos seus vos salvadores cara a vila de Camariñas. Pouco despois da media mañán un dos lectores de Camarinas.eu chamaba á redacción para dar aviso dunha nova visita do helicóptero de emerxencias. Desta volta foi para recoller no Muelle Novo camariñán a unha veciña de Santa Mariña chamada Amelia Suárez Lema de 82 anos de idade que acababa de sufrir un ataque ao corazón. Tras ser trasladada de urxencia dende o seu fogar da cara norte do concello á capital municipal era evacuada deste xeito á sección de enfermidades coronarias do Hospital Clínico de Santiago de Compostela. Neste momento estamos esperando que nos confirmen o estado da Señora Amelia Suárez Lema para tranquilizar aos seus moitos coñecidos e amigos. O helicóptero de emerxencias, un servizo básico, vital de necesidade, que salvou tantas vidas xa no noso concello e que ca tromba de recortes que están por vir tralas eleccións autonómicas podería ver o seu fin definitivo. En todo caso, dende Camarinas.eu esperamos que se confirme a melloría no estado...

Manuel Mouzo Castro D.E.P.

Un dos grandes amigos desta redacción fóisenos para sempre. Na mañán deste sábado 22 de setembro de 2012, cando recén comenzaba o outono, falecía aos seus 45 anos Manuel Mouzo Castro. Fillo único, veciño de Brañas verdes, arrastrou Manolo durante estes últimos tempos un cáncer fatal que nas primeiras horas do día de hoxe, durante o transcurso dunha sesión de quimioterapia no hospital, o levou para sempre. Persoa aberta e faladora, moi querida entre a xuventude, de educación exquisita, estivo casado con Sesé Luaces (veciña de Camariñas) e deixa un filliño de 13 anos chamado Javier. Podíamos compartir uns instantes con el recentemente durante o enlace matrimonial de Cris e Adrián e alí nos contaba como facía frente con coraxe e tesón á enfermidade que se fixera forte no seu corpo. Finalmente e de forma lamentable ésta acabou gañando a partida e deixounos sen o gran amigo que sempre foi Manuel Mouzo Castro. O corpo sen vida de Manolo está sendo velado pola súa familia e amigos dende este mediodía no tanatorio que a funeraria Costa posúe en Vimianzo e está previsto que o enterro teña lugar mañá domingo na Igrexa Parroquial de Santa María de Xaviña. Manolo, amigo, alá...

Temporal de verán en Camariñas

Eran aproximadamente sobre as catro da madrugada deste ventoso e treboento venres 24 de agosto que recén comenzaba cando a dotación de Protección Civil de Camariñas era alertada polo 112 acerca dunha árbore tirada á altura do lugar da Chandeira en Xaviña que obstaculizaba o tráfico rodado. Ata alí desprazáronse inmediatamente Tedín, que deste xeito víase obrigado a sacrificar momentáneamente as súas vacacións estivais, e Manolo da Ponte os cales na oscuridade da noite raudos acometían as labouras necesarias para librar a carretera do pino que supoñía un obstáculo insalvable para a circulación. Despois de rematar este traballo a patrulla de Protección Civil realizaba unha serie de percorridos polas distintas carreteras do concello na búsqueda de outros posibles desperfectos non atopando finalmente nada máis de relieve que sinalar durante os mesmos. O curioso do asunto é que sucesos deste tipo non soen acontecer durante o verán, así que a opinión predominante entre estes dous experimentados membros de Protección Civil era a de que debío de producirse un remuiño, unha especie de pequeno ciclón estival, que acabou tumbando fatalmente a árbore en cuestión. O Caribe, un huracán hawaiano, o Katrina asolando New Orleans, na reducida escala de Xaviña. ...

Nosa Señora e San Roque en Xaviña

Cas xa clásicas ausencias etílicas por todos esperadas, este 15 de agosto tiña lugar unha das citas claves do santoral xaviñán: a festa da Nosa Señora e San Roque. Baixo un espléndido calor estival as boas xentes da parroquia máis extensa do noso concello botáronse aos camiños e percorreron Xaviña en cristiana procesión. Alí, ao carón da súa xente e encabezando a procesión atopábase o noso querido amigo e Secretario do Club Náutico de Camariñas, Manuel Ángel García Insua que durante un longo treito portou á Nosa Señora sobre os seus hombros. Detrás ía San Roque en volandas levado polo seu irmán Félix e varios veciños devotos de Xaviña. O Alcalde Pichurri e o Páter xaviñán Don Lorenzo supoñían a menguada representación institucional presente no acto. Así mesmo acompañaban todo o acto a omnipresente Banda de Gaitas da Asociación Abrindo Rejo que outro ano máis estaba ao carón dos seus paisanos para poñer a nota musical ás celebracións. ...

Aparatoso accidente na Costa do Pitero

Parece como si, formando parte da maldición bíblica que se cerne sobre o Concello de Camariñas por culpa dos pecados pufistas e noxentos dalgún okupanáuticos malvado e bebedor, unha praga de accidentes de tráfico estivese a asolar a nosa terra. O último exemplo desta cadea ininterrumpida de sinistros nos que un automóvil é o protagonista aconteceu nas primeiras horas desta tarde na Costa do Pitero, cáseque xa entrando na Curva do Rojo. Eran sobre as 16:00 horas cando un Citroen conducido por uns veciños de Camariñas baixaba pola mencionada costa seguido por un Seat Ibiza a cuios mandos ía unha veciña de Santa Mariña. Foi, segundo contaban testemuñas presenciais, ao tentar virar o primeiro dos coches cara o cruce que leva ás Praias de Reira cando o Seat Ibiza que ía detrás non puido frenar a tempo e producíase un espectacular accidente que arroxaba unha apocalíptica imaxe de coches volcados, pero que afortunadamente non traía consigo consecuencias de maior envergadura salvo o traslado de polo menos un ferido ao hospital comarcal A Xunqueira de Cee. ...