Roubo no Restaurante Rojo

Despois dun período de relativa calma, o imperio do crime voltou atacar Camariñas. Desta volta nun dos locais hosteleiros clásicos do noso concello, un restaurante tan insertado no entramado sociolóxico municipal que ata acabou por dar nome á curva na que se aposenta: o Bar Parrillada Rojo. Era na madrugada deste frío, ventoso, chuvioso e atemporalado mércores 22 de xaneiro de 2013 cando un ou varios descoñecidos se introducían de modo subrepticio no local hosteleiro xaviñán ao amparo das sombras da noite e procedían a sustraer a súa máquina tragaperras. O caso é que os donos do restaurante viven sobre o mesmo, no piso superior, e elo leva a pensar que os ladróns coñecían esta circunstancia polo que procederon a axilizar a súa labor delictiva centrándose só na citada máquina recreativa, conscientes de que si os donos do local se enteraban da súa indesexada irrupción a cousa podería pasar a maiores. ...

Barbarie sacrílega en Xaviña

O crime sacrílego máis incomprensible, a broma macabra máis noxenta, tivo lugar na noite deste sábado 17 de novembro de 2012 no Cemiterio Parroquial de Xaviña. Un ou varios descoñecidos irrumpiron no mesmo e destrozaron os adornos florais e  as plantas que, ao carón das súas tumbas, acompañaban o descanso eterno de Aarón Rojo Luaces, María Jesús Lema Martínez e Beto Tajes. Ademáis varios tiestos de plantas e portavelas desaparecían misteriosamente e o pouco valor dos mesmos leva a pensar nunha especie de broma macabra, tal vez un acto de satanismo, como explicación a uns feitos que escapan a todo raciocinio, respeto e comprensión humanas. Non en van estamos a falar de destrozos nas lápidas das víctimas das traxedias máis dolorosas da historia recente de Xaviña: Aarón, víctima dun fatal accidente de tráfico o 4 de agosto do presente ano e María Jesús, falecida tráxicamente xunto ao seu filliño Martín na Noiteboa de 2009. ...

Alejandro Tajes Rodríguez D.E.P.

Na noite deste martes 6 de novembro de 2012 falecía no Hospital de Cee D. Alejandro Tajes Rodríguez. Veciño dos Pions (Xaviña), tiña 90 anos, deixa dous fillos (Maruja e José Tajes Vigo) e unha esposa, Carmen Vigo, da mesma idade co falecido (de feito a diferencia entre eles era de tan só 15 días) e que está convalecente na cama dende fai anos. O curioso deste home é que sendo como foi o maior dunha amplia familia e tendo numerosos irmáns foi o último en morrer. A maioría destes marcharan polo mundo sobre todo cara a Argentina sendo él o único ademáis que quedou na casa matriz de Xaviña, aquela onde naceu e na que está sendo velado nestes mesmos intres. Adicou ao traballo de labrego toda a súa vida. O enterro celebrarase as 4 da tarde na Igrexa de Xaviña, saíndo do seu fogar a procesión fúnebre cara o templo parroquial un cuarto de hora antes, ás 15:45 horas. Vaia dende Camarinas.eu o noso máis sentido pésame aos seus familiares. Don Alejandro Tajes Rodríguez, Descanse En Paz. ...

Accidente laboral de Manuel Canosa

Grave susto o que levamos en Camarinas.eu ao enterarnos cara ás 17:00 horas deste sábado 3 de novembro de 2012 de que un dos grandes amigos desta redacción, o electricista xaviñán Manuel Canosa Bermúdez, acababa de sufrir un aparatoso accidente que facía necesaria a intervención do helicóptero de emerxencias. Aconteceron os feitos nunhas instalacións nas que se atopaba traballando nese momento non lonxe da Curva do Rojo, en Xaviña, cando recibía unha forte descarga eléctrica que fixo pensar o peor nuns primeiros instantes. Ante o aparatoso do suceso poñíase de inmediato en marcha un dispositivo de urxencia que considerou necesario chamar neste crucial momento ao helicóptero de emerxencias para a súa rápida evacuación. ...

Grave atropelo na Recta de Xaviña

A tranquilidade ancestral de Xaviña víose tráxicamente enturbiada cara ás 20:30 horas deste luns 22 de outubro de 2012 cando a Señora Cielo, sogra do ex-alcalde do Concello de Camariñas durante 24 anos Bautista Santos Ramos, era atropelada de gravidade. Os feitos acaecían diante da Casa da Sociedá, en plena recta de Sara, cando esta octoxenaria  xaviñana se dispoñía a cruzar a calzada e un automóvil procedente de Camariñas, supostamente pilotado por un veciño de Cures segunda a versión que circula a día de hoxe pola Vila das Palilleiras levouna por diante. De forma inmediata púxose en marcha un dispositivo de emerxencia que rematou ca rápida evacuación de Dona Cielo cara o Hospital Universitario da Coruña, o durante tantos anos, toda unha vida, chamado Juan Canalejo, onde está en observación....