Accidente dun percebeiro nas Baleas

Tensos momentos de incertidume e angustia os que se viviron en Camariñas na mañán deste 25 de xuño de 2013. Era pouco despois do mediodía cando á redacción de Camarinas.eu chegaba a noticia de que un percebeiro se atopaba desaparecido nas inmediacións de Reira: trataríase dun antigo experto deste perigoso oficio que desaparecería no entorno das Baleas. Poñíase en marcha de inmediato un operativo de Protección Civil de Camariñas , da Guardia Civil así como dun equipo médico chegado a bordo dunha ambulancia que se presentaban no citado areal camariñán. Alí comprobaban con alivio como o noso querido amigo, o percebeiro santamariñán o Petrayo, esvarara nunha das rochas das Baleas rompéndose ao momento a tibia e o peroné. Dado a baixamar reinante en Reira, os facultativos xa o trataban sobre as mesmas rochas e axudados polos seus compañeiros de singladura transportaban ao convalecente ata a Punta do Boi e posteriormente cara a terra, onde a ambulancia estaba xa lista para levalo ata o centro hospitalario máis cercano. Remata así polo tanto un suceso que felizmente non pasou a maiores e que traerá como maior consecuencia un forte susto, unha gran dor e un período esperamos breve de convalecencia para un...

Jaime Trillo Ogando D.E.P.

Xusto nos días nos que o Concello para o que traballou cáseque toda unha vida andaba inmerso na voráxine que supón a celebración dunha Mostra do Encaixe falecía na súa casa do Sixto de Xaviña Jaime Trillo Ogando. Tiña lugar o fatal desenlace na tarde do domingo 31 de marzo de 2013, Domingo de Resurrección, cando aos seus 61 anos por mor do cancro que arrastraba dende hai xa uns anos abandoaba este mundo o que fora durante tantos anos barrendeiro municipal e conserxe do CEIP da Ponte do Porto. Orixinario de Castrelo, xaviñán por matrimonio, deixa Jaime unha esposa, María Inés, e tres fillos, María Asunción, Diana e Alberto. Tralo seu falecemento, celebrábase o seu funeral de corpo presente na Igrexa Parroquial de Santa María Xaviña na tarde do luns 1 de abril con numerosa concurrencia de amigos e veciños que daban deste xeito o seu derradeiro adeus a este empregado municipal de toda unha vida. Vaia dende Camarinas.eu o noso máis sinceiro pésame para familia e amigos. Don Jaime Trillo Ogando, Descanse En Paz. ...

Festa do Entroido en Xaviña 2013

O ano no que o Entroido da Costa da Morte aerotransportouse extramuros da súa área de influencia e regresou como invicto conquistador de Santiago de Compostela (Danzatekas de Vimianzo), en Xaviña as máscaras de Carnaval luciron como nunca. Organizado conxuntamente entre o Concello de Camariñas e a Asociación Abrindo Rejo, na carpa habilitada ao efecto a carón do milenario templo románico o festival transformista-folklórico-gastronómico xaviñán dou un paso ao frente e aquilatouse un ano máis como unha das principais referencias carnavalescas desta festiva Franxa Atlántica. ...

Carnavales de Xaviña do 2013

Por haber, hai sitios que teñen unha gran tradición de Carnaval e outros que non. Existen lugares nos que cando se aproximan as épocas das carnestolendas as xentes vólvense literalmente tolas, nos que con meses de antelación mentras un pasea polas rúas se escoitan a través das portas dos baixos, das garaxes, ás distintas comparsas ensaiando esforzadamente as coplas que se cantarán ante toda unha vila expectante, que cando chega o gran día do concurso as emocións dispáranse ata niveis insondables e algún que outro concelleiro pode acabar levando un par de boas trompadas, días nos que ser membro do xurado convírtese en profesión de alto risco: un purgatorio do que todo aquel que pode opta por fuxir aliviado... Nunca foi o Concello de Camariñas unha terra pródiga na tradición carnavaleira antedita pero con todo nos últmos tempos sentáronse unhas sólidas bases para convertir nun medio plazo o noso municipio nun dos paraísos da transformación tolerada, dese facer o ridículo socialmente aceptado que ao fin e ao cabo é no que consiste o Entroido. ...

Manuel Mouzo Rodríguez D.E.P.

A paz bucolólica, a tranquilidade rural, de Brañas Verdes víose enturbiada este mércores 30 de xaneiro de 2013 co falecemento dun dos seus escasos veciños. Transucurría a mañá do día en cuestión cando na súa casa falecía o Señor Manuel Mouzo Rodríguez de 79 anos de idade. Deixa Don Manuel unha esposa, Señora María, e dúas fillas, ambas casadas na localidade veciña de Arou. O velatorio está tendo lugar no Tanatorio Costa de Vimianzo e o seu funeral de corpo presente está previsto que teña lugar cara ás 17:00 deste desapacible xoves de finalización do mes de xaneiro na Igrexa Parroquial de Santa María de Xaviña. Vaia dende Camarinas.eu o noso pésame á familia deste novo veciño da nosa terra que se nos vai. Don Manuel Mouzo Rodríguez Descanse En Paz. ...