Don José Álvarez Santos, veciño de Xaviña, Descanse en Paz

Cando o verán estaba a piques de chegar oficialmente ao seu fin, a escasos días dun novo outono, sorprendía a morte na súa casa de toda a vida ao xaviñán José Álvarez Santos, máis coñecido por Pepe de Moreira. Este fatal acontecemento producíase este xoves 19 de setembro como consecuencia inevitable dunha longa enfermidade pulmonar.. Tiña o Señor Pepe oitenta e seis anos, estaba solteiro e non tiña fillos, aínda que como ben saben en Xaviña foi como un pai para a nosa querida amiga Raquel da Torre, á que cuidou e apoiou toda a vida como si fora unha filla da súa propia sangue. O seus restos mortais están sendo velados na súa casa do Sixto, ata que cara as 18:00 horas da tarde deste venres 20 de setembro de 2013 teña lugar o funeral de corpo presente na Igrexa parroquial de Santa María de Xaviña. Vaia dende esta redacción o noso máis sinceiro pésame para todos aqueles que quixeron sinceiramente en vida a Pepe da Moreira. Don José Álvarez Santos, Descanse En Paz. ...
San Roque de Xaviña foi homenaxeado multitudinariamente a mediados de agosto na parroquia de Xaviña

Procesión de San Roque 2013 en Xaviña

¿Quen sería o visionario que inventou esto das procesións? Seguramente alá na Idade Media, enfrascado entre códices e pergaminos, algún papiro tamén, refuxiado nunha escura celda entre os muros de pedra dun olvidado e remoto monasterio, enclavado entre as fraguas dun bosque inextricable, ou na cúspide dunha deserta meseta barrida polos ventos, o noso pioneiro medieval dou en crear o medio idóneo de conxugar relixión e exercicio físico, adiantándose en 500 anos polo baixo ás queridas modas de amor ao deporte que haberían de arrasar chegado o século XX e explotar xa de xeito inmisericorde arrancado o XXI. E unha terra de especial promisión para esta nova modalidade deportiva que xa dende o primeiro momento se puxo a elo con encomiable brío e devoción foi Xaviña, onde os seus veciños ahí levan tropecentos anos recorrendo as súas corredoiras e camiños en multitudinaria procesión e sacando aos seus santiños á que lle den os aires da súa parroquia cada pouco. A derradeira destas ocasións o venres 16 de agosto de 2013 con motivo de San Roque. E alí estivo Camarinas.eu, web recoñecida amante do deporte e da relixión (a católica, as outras non, bueno, igual algún día a ortodoxa, pero eso...

Procesión de Santa Ana 2013 en Xaviña

Dezaseis de agosto, Xaviña, Santa Ana. Venres. Igrexa Parroquial-Cruceiro da Molinera-Igrexa Parroquial. Padres Don Mario e Don Lorenzo. Gaitas de Abrindo Rejo e pasodobles da Orquesta Primera Línea. Autoridades o Alcalde de Camariñas e o Concelleiro Sergio Caamaño. Tamén a maior sabiduría futbolística da Costa da Morte, home orquesta balompédico que sacou do seu maxín todo un club de fútbol, tres anos de ilusión que pasaron á historia. E o principal: toda unha parroquia por un sendero aberto hai cáseque mil anos, ao mellor máis quen sabe. Caras ledas e felices unhas,  graves e concentradas outras, respetuosas co evento relixioso que está en marcha. E finalmente unha web que un ano máis está presente, da fe do acto, o recolle e publica no medio que une aos camariñáns de ámbolos hemisferios e cumpre unha misión social, aquela que publicita un evento centenario e permite a parientes lonxanos reencontrarse na distancia cos seus deudos. ¿Acaso hai máis que decir? ...

Sentida procesión no Sacramento xaviñán

Na estela do máis grande drama que tivo que encarar Galicia no derradeiro cuarto de século tiña lugar a Procesión da Festa do Sacramento de Xaviña. Ocurría o venres 26 de xullo, dous días despois do accidente ferroviario que deixara 80 vidas rematadas nun tramo da vía férrea que levaba a Santiago de Compostela, nunha celebración escueta e sobria, que intentaba por uns momentos de comunión parroquial refrenar a intensa dor que agochaban os presentes por unha hecatombe que se ben non lles afectaba directamente, non podía deixar de causar un forte impacto emocional en toda persoa de ben. Así só houbo unha procesión relixiosa, sin orquesta, sendo os únicos sons musicais os que se abriron paso á finalización do evento a través das notas da Asociación Abrindo Rejo. Unha misa polo demáis oficiada por Don Mario e polo cura orixinario de xaviña (un de tantos) Don Lorenzo, que foi ademáis de relixioso, mestre de lengua española no Instituto Agra Raíces de Cee. Con humildade, con sorda pena e refrenada dor, a través dunha celebración austera e sinxela rendía o pobo de Xaviña a súa homenaxe sentida ás víctimas do máis fatal accidente ferroviario da historia de Galicia. ...

1º Cabodano de Aarón Rojo Luaces

Agora que Galicia a duras penas se sobrepoñe á terrible masacre acaecida nas vías do tren de Santiago de Compostela o 24 de xullo, se houbo unha desgracia que golpeou dun xeito brutal ao Concello de Camariñas ao longo de 2012 foi sen dúbidas o falecemento en fatal accidente de tráfico do xove xaviñán de 18 anos Aarón Rojo Luaces. Foi nas primeiras horas dun sábado 4 de agosto, cando voltaba como coopiloto dun turismo da Festa de Carantoña ca mala sorte de aquela viaxe había de ser a última para tan gran rapaz, estudioso e  traballador, respetuoso e educado, seguindo a estirpe clásica da veciñanza xaviñana. ...