Manolo Canosa Rodríguez, 77 anos, Descanse en Paz

Lamentablemente, o de hoxe resultou ser un dos máis tristes días na súa vida para un amigo entrañable da redacción de Camarinas.eu. Apurábamos o tempo de desconto deste nefasto ano do Noso Señor do 2013, cando cara ás 14:00 horas do venres 20 de decembro na súa casa de Xaviña, en plena comida, falecía dun infarto repentino e traicioneiro o Señor Manuel Canosa Rodríguez, pai do noso gran e apreciado amigo Manolo Canosa, o gran home eléctrico xaviñán. Drama inxusto ás portas mesmas do Nadal que sume nunha profunda e inconsolable dor aos dous fllos que deixa Don Manuel, Manolo e a súa irmá Flora María, así como o resto da familia. Setente sete anos contemplaban a este xaviñán que falecía no día de autos. A data do funeral de corpo presente terá lugar na Igrexa Parroquial de Xaviña ás 16:30 deste sábado 21 de decembro, tendo lugar o velatorio na súa casa familiar. Con todo, non deixan de ser cuestións secundarias éstas: cando un da a vida e unha educación a unha persoa como Manolo o Electricista, o mellor na súa profesión, persoa traballadora, honrada, seria, cando un deixa ese legado, un pode morrer tranquilo e cun certo orgullo....

Cena de Reis da Comisión de Festas de Xaviña

As nosas chicas preferidas, as que conforman a única comisión íntegramente femenina do momento,  aquela que pulveriza por igual rexistros macroeconómicos e cuotas de igualdade, segue adiante co seu cometido innegociable, irrenunciable: organizar para a súa amada parroquia de Xaviña o mellor programa de festas que viron as pedras da súa moi secular igrexa románica. A próxima marca a batir: a de organizar outra cea multitudinaria, na que con tal de gozar a súa impoñente presencia, de saciar os ollos ca súa inalcanzable beleza, respirar o mesmo aire que o destas deusas comisionistas xaviñanas, un xa avizora no horizonte outro cheo ata a bandeira no ristorante parroquial elexido. Así o indica o número de apuntados para un evento previsto para o 4 de xaneiro do ano entrante, momento no que por un módico precio de 20 euros/adultos e 10 euros/menores, todos os asistentes poderán contribuir á organización das festas do 2014. A primeira cita xa se achega, será en febreiro co San Blas, proba de fogo para esta ilusionante e ilusionada Comisión de Festas e todo parece indicar (ritmo d eventa de camisetas, de aportacións de veciños, de asistentes a ceas) que estamos en portas dun éxito histórico. Con todas...

Roberto Castro Tajes, Descanse en Paz

O drama incesante da morte voltou aflixir ao vecindario de Brañas Verdes na mañán deste sábado 30 de novembro de 2013. Outro dos membros máis sinalados da súa comunidade íase deste mundo por mor dun cancro. Don Roberto Castro Tajes aos 59 anos de idade falecía no hospital antigamente chamado Juan Canalejo na mañán de autos despois dunha tenaz, longa e finalmente fatal loita contra o cancro, o gran mal do noso tempo. Persoa moi querida en Brañas Verdes, vecindario ao que decidío representar dentro das listas do PSOE durante as derradeiras eleccións municipais de 2011, deixa Roberto unha esposa, Remedios, e dous fillos, Adrián e Tania, todos eles seriamente aflixidos polo drama que supón que unha persoa relativamente xoven se vexa obrigada a abandoar este mundo. Unha tristeza á que se suma esta redacción enviando á familia o noso máis sinceiro pésame e un afectuoso abrazo por este novo deceso que aflixe ao noso concello. O velorio está tendo lugar no Tanatorio Costa de Vimianzo de onde cara ás 16:00 horas deste luns 2 de decembro sairán os seus restos mortais cara a Igrexa Parroquial de Santa María de Xaviña onde media hora despois terá lugar o funeral de...

Avistada unha manada de lobos en Xaviña

Un trampeiro canadiense que sobrevivía en plan Jeremiah Johnson no medio da natureza máis extrema constataba sen o máis mínimo asomo de dúbida no film de 2004 "El Último Cazador" que eso de que os lobos atacaban aos seres humanos só eran inventos de escritores. Non o sabemos. Tal vez eso ocurra alí entre leñadores, saltando de tronco en tronco mentras flotan cauce abaixo polos grandes ríos da Columbia Británica, a secuoia xigante, o alerce, o abeto, o gran pino silvestre, co olor da madeira recén cortada, co cruxido das árbores xigantes, ca rapaza preferida sempre ao lado, traballando polo o día e durmindo pola noite e ca Policía Montada cantando, de vez en cando, a coro sobre leñadores travestidos. En todo caso a opinión dun eremita que sobrevive illado nunha escuálida cabana de madeira con neve ata o pescozo durante seis meses ao ano, sen máis compañía ca dos huskies siberianos, debería ter o seu peso. E sin embargo todo esto debía descoñecelo o veciño de Xaviña que arranxaba os seus asuntos este venres 29 de novembro de 2013 nun monte próximo a Brañas Verdes cando avistou toda unha manada de lobos en impoñente acción canina. ...

Presentación da nova camiseta Xaviña en Festas

Un puñado de xóvenes beldades están cubrindo Xaviña de gloria. Este pasado fin de semana lograron reunir a máis de cen comensais nunha impresionante cea recaudatoria no Ariño, as aportacións dos veciños están acadando cifras astronómicas, a vindeira Festa de San Blas estas xóvenes e sobradamente preparadas heroínas xaviñanas xa a teñen case a punto de caramelo e por último veñen de crear a camiseta oficial "Xaviña en Festas". Derradeiro grito en indumentaria festeira, burbuxeante e chisporroteante composición vangardista, facía a súa presentación oficial esta mesma mañán de 19 de novembro na redacción de Camarinas.eu como paso previo a expandirase sen solución de continuidade ao longo de todo o noso concello, volcado de forma entusiasta cas novidades que un día sí e outro tamén depara a máis xoven e íntegramente femenina comisión do seu término municipal.  Como non podía ser doutra maneira as dúas primeiras unidades xa foron mercadas na redacción do xigante mediático da Costa da Morte. Foi o comenzo de algo que pode non ter fin. ¡Ánimo chicas! ...