Dona Flora María Pérez Freijo, Descanse en Paz

Esta mañá a redacción de Camarinas.eu recibía a tráxica noticia da morte da querida veciña da parroquia de Xaviña Dona Flora María Pérez Freijo despois dunha dura e longa loita contra unha grave enfermidade que ao final levouse por diante a vida desta exemplar muller xaviñana aos seus 58 anos de idade.  Dona Flora María residía dende hai moitos anos na cidade manchega de Guadalajara onde estaba casada con José María Santamaría. Froito deste matrimonio nacía o seu único fillo Adrián. Dende a familia da falecida queren comunicarlles a través de Camarinas.eu a todos os amigos e familiares que, si en un principio estaba previsto que Dona María Flora sería trasladada a súa terra natal para ser velada no Tanatorio Muncipal Irmáns Fernández Espín e despois oficiar o sepelio na súa querida Xaviña, debido ao cansancio que os seus familiares acumularon estos días será finalmente incinerada en Guadalajara. Vaia dende Camarinas.eu as nosas máis sinceiras condolencias a todos os familiares e amigos de Dona Flora María e ofrecer o noso máis forte apoio nestes duros momentos que están a pasar. Don Flora María Pérez Freijo, Descanse en Paz.   ...

Procesión do San Blas 2014 en Xaviña

En verdade foi unha festividade estrana, entre fortes fríos así como hipotéticas e repentinas chuvias, por elo aínda ten máis valor a heroicidade do pobo de Xaviña de sacar en cristiana procesión en tais datas a San Blas, ahí onde xusto comenza febreiro, no medio dos máis xélidos fríos do ano, e como non, o mérito da súa xove e ilusionada Comisión de Festas, 100% producto femenino xaviñán sobradamente preparado. Así foi o San Blas de 2014 que máis que unha festa convertíose nunha xesta heroica dunha veciñanza e dunha comisión, un exemplo do triunfo da vontade, e sendo esto así, Camarinas.eu, a web que contempla o noso concello como un todo informativo e para a que cada parroquia aínda é máis importante que a anterior, se elo fora posible, tamén se prantou na procesión do San Blas do 2014 e penou cristiana penitencia nun evento que por momentos máis parecía un castigo que unha festa, dado o desapacible da climatoloxía na data en cuestión. Pero ningún tormento é bastante para aplacar a ansia informativa camariñana do medio de comunicación líder da Costa Atlántica. Aquel que cimentou a súa lenda eterna penando a carón dos seus veciños, neste caso de...

Todo preparado en Xaviña para o San Blas 2014

Este sábado 1 de febreiro de 2014 a parroquia de Xaviña celebrará a súa primeira festa do ano e vaino a facer por todo o alto e coma nunca antes se vira na parroquia máis extensa do Concello de Camariñas. E é que a edición deste ano, que organiza a nova comisión de festas composta integramente por rapazas, conta coa inclusión estelar no seu cartel dunha das orquestras máis importantes e de máis éxito do ámbito musical galego. Estamos a falar da París de Noia que amenizará a espectacular verbena nocturna do San Blas Xaviñán. Para elo xa se instalou no campo da festa unha impresionante carpa por si este tempo invernal que estamos a sofrir por estos lares non da tregua nesta sinalada data para os veciños de Xaviña. Pero antes da estelar actuación da París teremos tempo tamén para outros menesteres propios da feligresía do noso querido Cura Párroco don Mario como será a tradicional misa en honor a San Blas e a consecuente procesión ata a Molinera da imaxe do santo tan benerado na parroquia. E xa despois da seguramente fervorosa tradición relixiosa chegará o turno do baile vermouth que correrá a cargo da Orquestra Triunfo. Para...

A París de Noia no San Blas de Xaviña

As beldades da Comisión de Festas de Xaviña gardaron para o final a súa carta sorpresa. Despois de levar a cabo a campaña recaudatoria máis exitosa que se lembre polas extensas llanuras xaviñanas, ou precisamente gracias a elo, foron quen de contratar para a súa primeira posta de longo, o San Blas, a unha das mellores orquestras do panorama festeiro galego. Nin máis nin menos que será a París de Noia a que amenice este vindero sábado 1 de febreiro o San Blás xaviñán. Éxito realmente espectacular desta xove comisión de festas, integrada ao completo por féminas de acreditada beleza e intelixencia que xa no seu primeiro exame acadan unha sorprendente matrícula de honor. Poucas veces verá unha parroquia humilde e traballadora, como a nosa querida Xaviña, a unha orquestra do máximo nivel tocando en exclusiva para os seus laboriosos veciños. Fazaña que debe agradecerse ao traballo serio, incansable e exitoso dun puñado de ilusionadas xóvenes e do que dará boa conta informativa Camarinas.eu, sempre ao pe do canón festeiro cando as circunstancias así o requiren. ...

Don Electo e Dona Josefa, matrimonio de Xaviña, Descansen en Paz

Novo drama inconsolable en Xaviña nas sinaladas datas de Nadal. A dous días de rematar o ano 2013 a parroquia máis extensa do noso concello víase sacudida cunha nova traxedia que deixou anonadados e sumidos nunha fonda tristeza a todos sos seus veciños. Os feitos desecadeánbanse un tras outro este domingo 29 de decembro cando Don Electo Matínez Carril falecía aos 90 anos de idade no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee ca fatal consecuencia de que tan só tres horas despois no seu fogar da Paxariña acompañábao en tal fatal trance a súa Dona Josefa Cutrín Rodríguez, tras unha longa e penosa enfermedade que a obrigou a pasar encamada este derradeiro ano da súa vida. Deixa este entrañable matrimonio xaviñán que compartío non só toda unha vida senón tamén o momento inevitable da morte catro fillos varóns, aos cales e ás súas familias a redacción de Camarinas.eu lles fai chegar o seu máis sinceiro pésame por esta nova desgracia que aflixe a todo un Concello. Os restos mortais deste entrañable matrimonio xaviñán están sendo velados no Tanatorio San Vicente de Vimianzo e o enterro está programado para as 17:30 horas deste luns 30 de decembro de 2013 na Igrexa...