Legado del Tibu, Pichurri nominado por Camarinas.eu

As nominacións sucédense sen solución de continuidade e acaban chegando ata as máis altas xerarquías. Unha vez posta en marcha a maquinaria acuática infernal do Legado del Tibu era cuestión de tempo que importantes persoeiros municipais acabaran véndose contra a espada ou a parede (esto é, a mariscada ou a pingadura). Incluso algún que agazapado na súa cálida guarida sureña confiaba en que escampase sen maiores complicacións acabou condeado a un riguroso pelotón de fusilamento en forma de xélido mangueirazo a presión. O reo condeado en virtud de nominación sumaria dictada polo Presidente do Tribunal Revolucionario de Camarinas.eu, Diego Alonso Freire, non foi outro que un dos redactores históricos desta redacción, Zhúkov, o cal nun vídeo premonitorio, nun día que acabaría por entrar na leyenda, cunha interpretación digna do Método Stanislavsky, cumprío co rito e fixo as súas impactantes nominacións: dous antigos colaboradores de Camarinas.eu, Lucía Carril Ageitos e o broker porteño José Manuel Souto Bello e ... o Alcalde de Camariñas, baixo forte pena de pago dunha suculenta mariscada nun dos elitistas ristorantes de O Grove. E eso como di o vídeo, colegas, non é moco de pavo... ¿Aceptará o Alcalde de Camariñas o guante lanzado pola redacción de...

Cartel do San Antonio de Xaviña 2014

As grandes orquestas non deixan de chegar a Xaviña. Gracias ao traballo serio e continuo da Comisión de Festas será para o 15 de xuño con motivo da festividade de San Antonio cando o Cobo Dominicano recale na parroquia máis extensa do Concello de Camariñas. Todo elo dentro dun programa de xornada única que levará a mellor música a Xaviña nunha maratoniana xornada festeira de domingo. Todo comenzará ás 13:00 horas cunha misa solemne que de seguido dará paso a unha sesión vermouth amenizada pola Banda de Gaitas de Abrindo Rejo e pola Grupo Samba, o cal xa cara a noitiña será o encargado de acompañar ao Combo Dominicano nunha verbena que inundará da mellor música a amplia llanura xaviñana. // Publicado by www.camarinas.eu. ...

Damian Pereira O Tiburón do #legadodeltibu fala para Camarinas.eu

A gran persoaxe do momento fala para Camarinas.eu. Faino en exclusiva, como corresponde ao principal medio de comunicación da Costa da Morte, a través dun vídeo especial no que dende Suiza o creador do maior fenómeno de masas que se lembre neste remoto recuncho atlántico pasa revista ao xa realizado e adianta os seus vindeiros pasos. Estaba lonxe de imaxinar o xaviñán Damián Pereira, Tiburón para os seus amigos, ata onde chegaría o #legadodeltibu, que centos, miles de persoas, gustosas, aceptarían tras ser nominadas un baño de auga xeado a cambio de non pagar unha suculenta cea. Mariñeiros, comerciantes, parados, alcaldes, curas, etc... todos á auga. Un grupo en facebook que conta xa con máis de 1.000 integrantes. Pero non se contenta con elo e en esta primicia Damián nos adianta que entre as novedades que se avecinan xa se inclúe unha quedada masiva no Ariño para o mes de agosto, churrasquiño incluido, cando el esté de volta por estas terras, a posta a venta de camisetas oficiais de #legadodeltibu cuia recadación irá íntegra á Asociación de Loita contra o Cancro. Pero será mellor que volo conte, el, o creador da maior experiencia de ilusión colectiva da historia da Costa...

26 de abril de 2014 - Cea da Comisión de Festas de Xaviña

Volven á carga as rapazas da Comisión de Festas de Xaviña. Co obxectivo declarado de seguir achegando fondos para as festividades da parroquia máis extensa do noso concello, teñen prevista para o vindeiro sábado 26 de abril de 2014 a celebración dunha nova cea. Será nun histórico ristorante xaviñán onde a partires das 21:30 horas os asistentes, polo módico precio de 20 euros, poderán desfrutar dun menú composto por ensaladilla, carne asada con champiñóns, bebidas, postre e café, co acertado detalle de que os menores de 7 anos pagarán 10 euros. Todos os interesados en participar no que será o principal cónclave social xaviñán desta primavera de 2014 poderán facelo ben a través do "Xaviña en Festas" do facebook, ben chamando ao teléfono móvil 600-346-877. Aínda que a finalidade da cea, ou o ingredientes do menú, por sí sós xa merezcan a pena, especialmente será contemplar semellante conxunto de intelixentes mulleres fermosas o que faga que asistir a cea do día 26 sexa algo non só desexable senón cáseque obrigatorio. ...

Continúa o destartalamento da gabarra Prima

Tal que que o seu país de orixe, Ucrania, así se atopa de malbaratada a Gabarra Prima. Partira hai un tempo dun porto mítico, de bastante máis renome que o país que lle da acougo, a Odessa das mafias de pequenos rateiros xudíos, da paixón colombófila de Isaak Bábel, a da escalinata máis famosa da historia do cine, copiada ata a saciedade por Coppolas, De Palmas, Terry Gilliams, Woody Allens ou George Lucas, fixérao xusto cando alá pola en tempos chamada Pequena Rusia empezaban as algaradas que levaron o país ás portas mesmas dun conflicto de díficil premonición para embarrancar final e lastimeiramente nas costas de Reira. Porque do mesmo xeito que o seu patria de orixe, nos últimos días agravouse o estado do Prima e agora está xusto a piques de partirse metade por metade, neste caso nunha proa e nunha popa divididas por un burato que semella un túnel do tempo e do espacio, naquel entre un este católico e occidentalizado, refluxo que foi do Reino Polaco-Lituano primeiro e do Imperio Austro-Húngaro despois, e un oeste mineiro e agrario e un sur ribereño, entre o que destacan as rusificadas Crimea ou a mesma Odessa. Reira e a Praza...