Don José López Blanco, veciño de Xaviña, Descanse en Paz

Don José López Blanco, veciño de Xaviña, Descanse en Paz

Continúa o incensante goteo de defuncións que está a asolar todo o Concello de Camariñas. Ata cinco defuncións levamos nesta tráxica semana de comezaos de marzo de 2019. Na mañán deste sábado 2 de marzo a redacción desta web recibía aflixida a triste noticia da morte do querido veciño de Xaviña Don José López Blanco aos seus 83 anos de idade. Don José, cariñosamente coñecido en toda a parroquia de Xaviña por "O Pocho" está sendo velado na sala 1 do Tanatorio Parroquial da Ponte do Porto, dende onde sairá cara a Igrexa Parroquial de Santa María de Xaviña ás 15:45 da tarde deste domingo 3 de marzo. Celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Don José procederase a trasladar o seu féretro cara o cemiterio de Xaviña onde os restos mortais de Don José terán merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción todo o noso cariño e ánimos a todad a familia deste estimado veciño de Xaviña nestes duros momentos que está a atravesar. Descanse en Paz. ...
O gaiteiro de Xaviña David Carril entrevistado en Radio Nordés Cadena Ser

O gaiteiro de Xaviña David Carril entrevistado en Radio Nordés Cadena Ser

Este pasado venres 19 de febreiro era entrevistado no programa Vivindo a Costa da Morte da radio líder da Costa da Morte Radio Nordés Cadena Ser o gaiteiro xaviñán afincado en Londres David Carril. O presentador do programa, noso querido amigo Pepe Formoso charlaba xunto aos seus contertulios habituais do programa xunto ao artista xaviñán que contaba pausadamente as súas peripecias musicais pola capital do Reino Unido. Ademáis David desvelou públicamente na canle da Cadena Ser parte do proxecto audiovisual no que están a traballar un nutrido grupo de artistas e músicos do concello de Camariñas pertencentes a diferentes estilos musicais. O xaviñán daba en exclusiva a esta cadena os nomes de varios dos integrantes deste explosivo proxecto: Belem Tajes de Arou, unha das vocalistas e compositoras máis en alza de toda Galicia; Fran e Carlos Barcia, os nenos prodixio camariñáns e incombustibles integrantes da exitosa banda de folk Samarúas; E finalmente José María Pérez, un dos máis clásicos rockeiros da Costa da Morte, veciño da Ponte do Porto, que tivo a oportunidade de traballar para músicos de talla internacional durante a súa estadía en Londres. Todos eles acompañados do gaiteiro David Carril que expresamente se trasladou dende a cidade...
Dona María Sambade Canosa, veciña de Xaviña, Descanse en Paz

Dona María Sambade Canosa, veciña de Xaviña, Descanse en Paz

Volvían a soar melanólicamente as campás da igrexa de Xaviña na mañán deste xoves 21 de febreiro. Anunciaban os repiques no santuariuo xaviñán a triste noticia da morte da súa querida veciña Dona María Sambade Canosa na noite deste mércores 20 de febreiro de 2019 aos seus 86 anos de idade. O corpo sen vida de Dona María da Manera, tal e como era cariñosamente coñecida en toda a parroquia, está sendo velada na súa casa da Costa en Xaviña, dende onde sairá ás 16:15 da tarde deste venres 22 de febreiro cara a Igrexa de Santa María para ser celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Dona María. A continuación o féretro será trasladado hacia o cemiterio veciñal de Xaviña onde os restos mortais de Dona María terán merecido descanso enterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Dona María Sambade Canosa. Descanse en Paz. ...
Don Jesús Figueroa Canosa, veciño de Xaviña, Descanse en Paz

Don Jesús Figueroa Canosa, veciño de Xaviña, Descanse en Paz

Terrible a xeira de decesos de persoas xoves que leva asolando a todo o Concello de Camariñas. Na mañán deste martes 5 de febreiro de 2019 recibíamos a triste noticia do falecemento de Don Jesús Figueroa Canosa aos seus tempranos 61 anos de idade despois de estar convalecente durante tantos anos na súa casa de Xaviña. O corpo sen vida de Jesús do Alegre, tal e como era cariñosamente coñecido en toda Xaviña está sendo velado no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairá cara a Igrexa Parroquial de Santa María de Xaviña ás 15:45 da tarde deste mércores 6 de febreiro. Alí, no sagrado templo xaviñán, será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Don Jesús para, acto seguido realizarse o seu sepelio no Cemiterio Veciñal de Xaviña. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Jesús Figueroa Canosa. Descanse en Paz. ...
Misa de cabodano de Gustavo Carril en Xaviña

Misa de cabodano de Gustavo Carril en Xaviña este sábado 26 de xaneiro

Cúmprense 12 meses exactos da traxedia que sacudíu á comunidade arxentina de Xaviña cando un 24 de xaneiro se producía a repentina morte do noso querido amigo Don Gustavo Carril aos seus 49 anos de idade. Falecía Gustavo, irmán de Manuel Carril, o coñecido empresario propietario xunto a súa esposa da tenda de electrodomésticos Master Carril de Xaviña, como dicíamos hai exactamente un ano e a súa familia quere recordalo na misa de cabodano que será celebrada na Igrexa Parroquial de Santa María de Xaviña. A ceremonia relixiosa celebrarase ás 17:00 horas deste sábado 26 de xaneiro de 2019 e a familia de Gustavo quere agradecer de antemán a asistencia ao cabodano de Gustavo Carril tráxicamente falecido hai un ano. A túa familia non te olvida, Descanse en Paz. ...