Don José Manuel Méndez Martínez, veciño de Brañas Verdes, Descanse en Paz

Don José Manuel Méndez Martínez, veciño de Brañas Verdes, Descanse en Paz

Tarde tráxica a deste domingo 18 de marzo en todo o concello. Ás mortes de Dona Yda na Ponte do Porto e de Dona Dolores en Camariñas sumábase a dramática defunción do querido veciño de Brañas Verdes Don José Manuel Méndez Martínez aos seus tempranos 46 anos de idade. Encontrábase noso amigo, moi coñecido en todo o concello, un pouco indisposto na media mañán deste domingo e decidíu chamar aos servicios médicos que se trasladaron de urxencia ata Brañas Verdes. Ao chegar estes á casa de Don José Manuel os facultativos encontráronse con que o paciente estaba xa moi grave e sin coñecemento. Os médicos intentaron revertir a situación e incluso chegaron a utilizar o desfibrilador para reanimar a José Manuel que xacía xa sen vida. Dase a circunstancia de que ao non estar claros os motivos da morte de Don José Manuel os servizos médicos decidiron trasladar os restos mortais do veciño de Brañas Verdes a un centro hospitalario da Coruña onde se lle practicou a autopsia. Na mañán deste luns 19 de marzo chegaba o corpo sen vida Don José Manuel ao Tanatorio de San Pedro da Ponte do Porto onde será velado ata mañán martes cando ás...
Don Mario Castro Carril, veciño de Xaviña, Descanse en Paz

Don Mario Castro Carril, veciño de Xaviña, Descanse en Paz

Na mañán deste atemporalado mércores 14 de marzo de 2018 recibíamos a tráxica noticia da morte do noso querido amigo e veciño de Xaviña Don Mario Castro Carril. Con tan só 54 anos de idade falecía este querido veciño da parroquia xaviñana despois dunha longa loita contra unha terrible enfermidade que ao final e á postre levouse por diante a vida deste amigable veciño. O corpo sen vida de Don Mario está sendo velado no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairá cara a Igrexa de Santa María de Xaviña ás 16:00 horas da tarde deste xoves 15 de marzo. No sagrado templo xaviñán será celebrado o funeral de corpo presente do defunto para, acto seguido, ser trasladado o féretro cara o Cemiterio Parroquial de Xaviña onde se realizará o sepelio onde os restos mortais de Don Mario terán merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción toda a forza e cariño que podamos transmitirlle nestes duros momentos a toda a familia e amigos de Don Mario Castro Carril. Descanse en Paz. ...
Este fin de semana inaugurouse a área de servicio de autocaravanas do Ariño

Este fin de semana inaugurouse a área de servicio de autocaravanas do Ariño

Moitos camariñáns quedaron sorprendidos este fin de semana ao ver circular polo casco urbán a mais dun cento de autocaravanas. Esta concentración, sen precedentes no término municipal do concello, tiña que ver coa inauguración da área de autocaravanas que o concello de Camariñas ven de inaugurar no complexo do Ariño. É esta unha vella demanda dos caravanistas que precisaban deste servicio tan necesario para un colectivo de turistas, de poder adquisitivo medio-alto. ...
Esta fin de semana inaugúrase a Área de Autocaravanas do Ariño en Xaviña

Esta fin de semana inaugúrase a Área de Autocaravanas do Ariño en Xaviña

A praia do Ariño conta dende hai un tempo cunha area de servizos para autocaravanas. Está é un área pública e gratuíta, aberta todo o ano, que acolle a familias e visitantes que utilizan este medio de transporte para coñecer Camariñas e a Costa da Morte. ...
Dona Carmen Vigo Santos, veciña de Xaviña, Descanse en Paz

Dona Carmen Vigo Santos, veciña de Xaviña, Descanse en Paz

Na mañán deste xoves 22 de febreiro de 2018 recibíamos nesta redacción a triste noticia da defunción da querida veciña de Xaviña Dona Carmen Vigo Santos aos seus 96 anos de idade. Dona Carmen, viúva de Alejandro do Paneco como era máis coñecida en toda esta parroquia, está sendo velada na súa casa do Sixto dende onde sairá cara a Igrexa Parroquial de Santa María de Xaviña este venres 23 de febreiro ás 16:30 horas para ser celebrado o seu funeral de corpo presente. Acto seguido, os restos mortais desta querida veciña, serán trasladados ata o Cemiterio Parroquial de Xaviña onde estes terán merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceitas condolencias a toda a familia e amigos de Dona Carmen Vigo Santos. Descanse en Paz. ...