Electra del Jallas arranxa o poste de luz

Operarios de Xallas arranxaron o que era un auténtico despropósito As milagres de camarinas.eu Visto e non visto. Había un problema, xa está arranxado. Na mañá de hoxe, cun mes de tardanza, operarios de Electra del Jallas procederon á reparación do poste eléctrico contra o que tráxicamente impactara o coche que conducía Divanir Sambade o 21 de outubro. Tan só 15 horas despois de que camarinas.eu se fixera eco do malestar de moitos dos seus usuarios sobre o que era unha cruel neglixencia, e publicara a noticia sobre a broma macabra e o perigo que o poste maldito constituía, operarios de Electra del Jallas  procederon a arranxar o citado poste, como avisaba case que en directo hoxe pola mañá o noso fiel usuario Manolo, de Xaviña. E é que os usuarios de camarinas.eu xa saben que para denunciar un grave despropósito ou unha flagrante inxustiza hai que acudir a un medio de comunicación de verdade, a un medio que teña unha gran capacidade de difusión, porque de outra forma as súas queixas ninguén as lee, e éstas caen no vacío. Pero por outro lado, tamén pode ser que todo fora unha casualidade...¿ou non? ...

Un mes despois do accidente de Divanir o poste sigue como recordo

Un mes despois nadie lle meteu man ao poste de luz contra o que faleceu Divanir ¡Que alguén borre esta ferida xa! O 21 de Outubro deste ano, o xoven Divanir Sambade atopou tráxicamente a morte batendo co seu coche contra un poste de luz no final da baixada da Piosa. Un mes despois o maldito poste segue alí tumbado recordándonos a todos o fatal desenlace.Non sabemos quen é o responsable, se o concello, se Electra del Jallas, se Fenosa, non o sabemos. Nin nos importa. Pero por Deus, que alguén lle evite a esta familia a tortura de ter que ver tódolos días o poste maldito contra o que morreu Divanir. Multiples usuarios de Xaviña dirixíronse nas últimas datas a esta redacción clamando contra este despropósito. Ademáis do sufrimento psicolóxico para a familia hai que sinalar que a farola a pesar de estar derrumbada segue alumeando co conseguinte perigo de que haxa cables soltos. Ademáis de ser un perigo para a circulación. O dito, que alguén, quen sexa, arranxe esto xa. ...

Misa de Agonia por Divanir

Imaxe do enterro do xoven Xaviñán Hoxe ás 18:45 celebrarase a "Misa de Agonía" por Divanir Sambade Româo A familia de Divanir Sambade por medio dun comunicado que nos manda Laura Sambade quere agradecervos a todos vós, os usuarios de camarinas.eu, as mostras de apoio e cariño amosadas durante esta tráxica e dura semana para a familia do xoven xaviñán. Ademáis de agradecer este apoio anunciannos que mañá as 7 menos cuarto da tarde haberá unha Misa de Agonía na memoria de Divanir que todos tanto recordamos. Seguro que Don Mario saberá calmar un pouco si cabe toda esa dor que a perda de este bo rapaz causou nos seus achegados. Desde camarinas.eu facemos un chamamento a todos os nosos lectores para que acudan a apoiar e estar coa familia nestes durísimos momentos que están a atravesar. ...

Divanir Sambade: Descanse en Paz

A antiga e inmemorial Igrexa románica de Xaviña vivío o seu día máis triste Multitudinario enterro do xoven xaviñán Despois do drama que anonadou a todo un concello, xa se pode decir que Divanir Sambade descansa en paz: a lá no silencio e tranquilidade do Cemiterio Parroquial de Xaviña despois dun enterro triste e amargo. Alí puidéronse ver grandes mostras da dor que producíu a pérdida dun bo rapaz ao que lle quedaba toda a vida por diante e no que prácticamente toda a parroquia de Xaviña enteira se dou cita para rendirlle unha sentida homenaxe a este rapaz novo que perdío a vida na carretera. Divanir, que Deus che teña na Gloria. ...

Accidente mortal en Xaviña

A televisión de Galicia desprazou unha unidade móbil a Xaviña Un rapaz de Xaviña, víctima mortal dun grave accidente. Esta madrugada sobre as 7:00 da mañá producíose un terrible accidente en Xaviña á altura da Piosa. Un coche conducido por un rapaz xaviñán duns 20 anos que viña da Ponte do Porto perdío o control baixando pola Piosa e empotrouse finalmente contra un poste da luz. O rapaz morreu no acto. Segundo testigos presenciais o coche circulaba a gran velocidade. O rapaz de iniciales D.S. chegaba de Ponteceso dunha noite de festa no "NoiteBús" que pasa na Ponte do Porto e alí baixou para coller o seu coche e dirixirse á súa casa. Nunca chegou, baixando a costa da Piosa, fóiselle o coche na curva empotrándose contra un poste de luz e morrendo no acto. En camarinas.eu sumámonos á dor da súa familia e amigos e dámoslle o noso máis sentido pésame. ...