Festas de Santa Ana en Xaviña 2009

¡¡Con Mägo de Oz en Xaviña!! Diego Alonso con Carlos Prieto e Fernando Ponce de León nas Festas de Santa Ana de Xaviña 2009 Unha poboación tan antiga como Xaviña, cos todos os seus miles de anos, tivo que esperar ata ben entrado o século XXI par dar o salto definitivo ao resto do mundo a través dunha humilde web que a trancas e barrancas  e só ca axuda entusiasta dos seus usuarios chegou a convertirse no 10º (9º dentro de non moito tempo)  medio de comunicación de toda Galicia. Na celebración das súas festas de Santa Ana do 2009 puidemos ver a dous dos membros do exitoso grupo de rock de influencias celtas Mägo de Oz: Carlos Prieto "Mohamed", violinista e Fernando Ponce de León, encargado da flauta traversa, o whistle e as gaitas do famosísimo grupo de hard rock na mellor estética dos anos 80. Gaitas como as de "Abrindo Rejo", a Agrupación cos traxes máis fermosos que se recordan, que acompañaron unha procesión multitudinaria ata unha Igrexa construida alá nos medievais tempos do Románico. Procesión na que estes dous duros rockeiros coincidiron (¿quen sabe?) cun vello pariente do flautista: Manuel Valeriano Alonso de León, Alcalde de Camariñas... ...
O 25de xullo celebrouse no Praia do Ariño baixo unhas condicións climatolóxicas perfectas

Festa da Praia de Xaviña 2009

Toda a mala sorte que tiveron os camariñáns nas Festas do Carme cun clima sempre sorprendente e inesperado, aliouse este 25 de xullo cos nosos compatriotas xaviñáns e así estes organizaron dunha forma sinxelamente perfecta a festa de Santiago Apóstol, Santo Patrón de Galicia e das Españas, o home que supostamente cometería tantas matanzas de invasores mahometanos alá na Baixa Edade Media. E todo elo adobado ca minuciosidade, detallismo e dotes organizativas tan caras á milenaria alma xaviñana: grupos de baile, unha sardiñada xigantesca, actuacións, un sol de xusticia e un baño reparador. Posiblemente a mellor Festa da Praia que se recorda no fértil areal xaviñán en anos. ...

Festa da Praia en Xaviña

Todo listo en Xaviña para o 25 de xullo Duns anos a esta parte todos os 25 de xullo, Día de Galicia e do Patrón das Españas, Santiago Apóstol, en Xaviña prepárase co esmero e detallismo típicos xaviñáns unha festa campestre e popular que pretende optimizar ao máximo os encantos naturais da Praia de O Ariño.  Así, bandas de gaitas, grupos de baile rexional e incluso djs danse cita cíclicamente no areal xaviñán. Nesta ocasión optouse por un programa que extende as actuacións ao longo do día co pistoletazo de saída ás 12:00 cunha misa solemne a cargo do insustituible cura-párroco Don Mario e cunha sardiñada gratuita ás 14:00 no posiblemente merendeiro máis paradisíaco de toda a Costa da Morte. Despois virán as actuacións programadas que animarán ao público ata pasadas as 20:00 horas. Únicamente falta que o sol acompañe a todos os romeiros que se den cita no areal xaviñán, porque nese caso os asistentes poderán gozar dun dos maiores praceres que poden existir neste mundo. ...

Festas de Santa Mariña 2009

Unha pequeno rincón como Santa Mariña co tempo conseguío unha das mellores sardiñadas que existen Vila pequena, Sardiñada grande Constitúe un rincón remoto da Costa da Morte.  Enclavada na ladeira dunha montaña que cae serpenteando cara o mar tenebroso do finisterrae atlántico. Os seus veciños superan en moi pouco os cen habitantes. Pero os que nela moran presumen con orgullo que cada 17 de xullo alí se celebra unha das mellores sardiñadas do mundo. Cun producto exquisito e unha condimentación perfecta. Unha festa gastronómica onde as sardiñas, o pan de broa, o viño, a cervexa e os cubaxas se reparten prodigamente sen ningún tipo de límite. Camarinas.eu, a web do pobo humilde e traballador, dos olvidados e ninguneados, non podía olvidarse de Santa Mariña e presentouse no que xa constitúe unha cita gastronómica a ter en conta nos calendarios culinarios desta Costa Atlántica  e que dou o pistoletazo de saída para as Festas do Carme de Santa Mariña 2009.  ...

Cartel das Festas de Santa Mariña 2009

O día 17 de xullo hai que estar na sardiñada de Santa Mariña e o 18 a encherse na de Camariñas ¡Santa Mariña vai nela! Pois si, queridos usuarios o verán xa está aquí. Xa chegou, e co bo tempo chegan todas as actividades e festas que se organizarán durante toda a época estival no noso concello. Hai uns día que xa publicamos o gran cartel das Festas do Carme para este ano 2009 e hoxe procedemos a publicar o cartel das grandes festas que se realizarán na nosa querida vila de Santa Mariña e que contan cunha gran sardiñada que se realizará o 17 de xullo da cal din os que saben do tema que "a de Santa Mariña é unha das millores do mundo". En fin, camarinas.eu como web representativa de todo o Concello de Camariñas  e 12º medio de comunicación por internet de Galicia estará alí este día tan importante para os veciños de santa Mariña para realizar unha completa reportaxe de todo o que alí aconteza. Así nolo pediron amablemente os representantes da Comisión de Festas e así o cumpliremos. Esperamos vervos a todos alí. Polo de agora: un gran cartel destas festas de Santa Mariña...