Procesión relixiosa na Parroquia de Xaviña - Camariñas

Festa da Praia de Xaviña 2010

Pois posiblemente na parroquia máis católica deste concello, Xaviña, cando son chegadas as sagradas datas dos seus santos máis devocionados, os venerables habitantes desta terra antiga tiran a casa pola ventana, bótanse ás rúas, ás praias e aos camiños e todo é celebrar festas en honor do santo en cuestión. Esto puidémolo apreciar particularmente este domingo 25 de xullo ca celebración do Santiago Apóstol, Patrón de Galicia e das Españas, nunha espectacular Festa da Praia, o luns 26 ca multitudinaria procesión do Sacramento e ca festividade tardía do Carme de Xaviña, a celebrar este martes 27. Tres días de festividade relixiosa continuada e extenuante no medio dunhas paraxes bucólicas e paradisíacas. Tal vez entre tanta festa piadosa, os veciños da llanura xaviñana tiveron tempo de adicar parte das súas súplicas a rezar polas futuras andainas deportivas do Xaviña FC, club futbolero que da man do noso querido amigo Isaac fará a súa espectacular reentrada no competitivo mundo do fútbol profesional na campaña 2010-2011. E camarinas.eu, como todo o que acontece na parroquia máis extensa do Concello, alí estará para contar o que suceda por eses campos de Deus. ...

Procesion de San Antonio en Xaviña

Don Mario oficia ca súa sabiduría característica a procesión que enche os camiños de Xaviña de devotos veciños A parroquia máis católica do concello Tradicionalmente as poboacións de terra adentro, de raigambre agrícola e campesina, suelen  estar caracterizadas por poseer unhas máis fortes creencias relixiosas e elo, ao noso leal e limitado saber e entender, queda reflexado especialmente dentro do Concello de Camariñas na Parroquia de Xaviña, aquela que pasaría por ser a máis relixiosa do mesmo, a máis católica.  Aquela que ten ata 4 curas vivos e en exercicio polo mundo adiante: Don Mario (que aínda que non é de Xaviña senón de Pontevedra leva casi 60 anos nesta parroquia), Don Lorenzo, Don Ramón e Don Manolo. Os catro son veciños de Xaviña. Desta maneira, as festas acompañadas de cristiana procesión multiplícanse ao longo do calendario na parroquia máis extensa do concello: San Blas, o Sacramento, Santa Ana, San Roque, San Antonio... Especialmente solemne é a festividade adicada cada 13 de xuño ao santo portugués falecido na cidade italiana de Padua en 1231 e que foi canonizado 352 días despois do seu falecemento, motivo polo cal toneladas insondables de sardiña procedente da Costa da Morte marchan en tan sinalada...

Carnaval en Xaviña 2010

Ben é sabido dende antigo que as xentes que pueblan a planicie xaviñana caracterízanse por ser persoas austeras, humildes, traballadoras e cumpridoras da Lei de Deus, por eso cando son chegadas as datas do Entroido a alma xaviñana bótase ás rúas da súa milenaria terra cristiana para disfrutar e darse a última gran homenaxe antes dos rigores dunha cuaresma que na parroquia máis grande do noso concello cúmplese de forma escrupulosa e con rigor legalista. Así o puidemos comprobar este domingo 14 de febreiro de 2010 cos impresionantes carnavais organizados pola Asociación Abrindo Rejo onde chegou ata a rifarse un cochino (con perdón)  e no que centos de persoas vestiron imaxinativos e alegres disfraces sendo o de avión supersónico o que finalmente resultou vencedor. Camarinas.eu, a web que contempla o Concello de Camariñas como un todo informativo e para a que cada parroquia é aínda máis importante que a anterior, estivo presente e captou todo o acontecido na ancha llanura xaviñana nunha amplia galería de 220 fotografías. ¿Quién da más? ...

Maria Jesus Lema Martínez, D.E.P.

Traxedia absoluta en Xaviña Non hai palabras para expresar todo o dolor e a pena que este 24 de decembro se abatío sobre Xaviña A maior desgracia posible, o dolor máis atroz e profundo abatíose na tarde deste 24 de decembro, Día de Noiteboa, sobre a parroquia de Xaviña.  Segundo noticias que empezaron a chegar no medio do estupor máis absoluto, cara as 15:00 horas María Jesús Lema Martínez, funcionaria de correos da oficina postal de Camariñas e veciña de Xaviña e o seu neno Martín, de dous anos, falecerían nun terrible accidente de tráfico acaecido no punto kilométrico 69,800 da estrada AC-552 que une Carballo con Cee, concretamente á saída de Vimianzo, nunha colisión frontal que deixaría ferido leve ao conductor do outro vehículo siniestrado. O dolor profundo por semellante traxedia agrávase nesta redacción polo feito de que hai un ano e medio, concretamente un 4 de maio de 2008, esta web publicaba a noticia da voda celebrada na Igrexa de Xaviña entre Maria Jesús e o seu marido Francisco, camioneiro de profesión e natural de Vilaseco, e do bautizo de Martín, fillo de ambos, evento cuberto por un Diego Alonso Freire que non da creto ao sucedido e...

Accidente de Enrique Canosa

Enrique, gran xogador de balonmán nunha imaxe co seu equipo da alma: o CB Balonmán Camariñas A gravidade das súas feridas fixo nun primer instante pensar o peor.  Hai xa uns días que está estable e consciente e cáseque recuperado das súas graves feridas. Pero os familiares e amigos de Enrique, fillo do gran electricista xaviñán Manuel Canosa, pasamos unhas semanas realmente desesperantes ante a gravidade na que se atopaba este xoven xaviñán no hospital Juan Canalejo debido a un accidente automovilístico acontecido no concello de Cabana hai caseque un mes cando o noso amigo voltaba un venres do seu traballo dende A Coruña. Enrique, un rapaz xoven e forte sobrepúxose a esas terribles feridas e xa dentro de pouco voltará xunto a súa muller e o seu precioso fillo que non se separaron del nesas terribles e duras semanas de internamento no hospital. En fin, desde camarinas.eu queremos animar a toda esta xoven familia despois de todos estes malos momentos e desexar a Enrique unha feliz volta a casa. ¡FORZA ENRIQUE! ...