Entroido en Xaviña 2011

Aquí en camarinas.eu o segredo do noso humilde éxito baséase en aplicar a raxatabla dende o primer día unha recomendación que presuntamente endilgou un día hai moitos anos paseando polos xardíns do Pardo o Xeneral Franco a un cariacontecido, sorprendido e por veces obnubilado interlocutor: "Usted haga como yo: no se meta en política". E así nos foi dende aquela, aumentando a distancias meteóricas, siderales, a xa de por si oceánica ventaxa que nos separaba da nosa presunta competencia (por decir algo), se ben esto non constitúe ningún mérito, incluso un demérito máis ben, vendo o nivel lamentable, ruinoso, do que nos rodea. Con todo, para cubrir ese oco imprescindible que permita complementar as informacións de camarinas.eu cun punto de vista distinto, non deixan de surxir iniciativas ilusionantes, honestas, ben feitas, como a do noso querido amigo e usuario Mikel (http://camarinasdirecto.blogspot.com) ou a de quen foi ata non hai moito a nosa máis feroz competencia, o tristemente abandonado Diario Faro Vilán. ...

Entroido 2011 en Xaviña

Este domingo 6 de marzo ás 4 da tarde o entroido chega á Xaviña, a parroquia onde a tradición é lei, e faino por todo o alto nunhas festas convertidas pouco a pouco, a base de traballo, ilusion e gañas, nunhas das máis senlleiras da Costa da Morte. Os mellores disfraces, a festa máis desenfrenada, os máis abundantes e apetitosos ágapes, os premios máis suculentos terán lugar un ano máis nun entroido organizado pola exemplar xaviñana Asociación Abrindo Rejo. Na carpa instalada a carón da Igrexa Parroquial haberá: Premio á mellor comparsa, 1º, 2º e 3º premios para os mellores disfraces nas categorías de infantil, xuvenil e de adulto, así como un Premio Especial ao disfraz máis  orixinal; a mellor música; unha enchenta definitiva a base de chocolate con churros, filloas, empanada, etc... todo gratis e como guinda especial realizarase o sorteo dun porquiño que promete dar días de gloria culinaria, un manxar para o día de mañán, sorteo para o cal aquí en camarinas.eu dende hai semanas xa temos os nosos boletos gardados a bo recaudo. Este domingo dende as 16:00 e ata ben entrada a noite, ¡¡TODOS A XAVIÑA!! ...
Efectos do temporal Becky en Santa Mariña

Efectos do temporal Becky en Santa Mariña

A amenaza doutro forte temporal, este vendavalado, recibe ao visitante que na mañán do sábado 13 de novembro de 2010 vislumbra dende as alturas que dominan Santa Mariña un mar perennemente encabritado. Pedras esparcidas por doquier, enormes trozos de asfalto arrancado, obrigan a pensar na paisaxe resultante de manifestacións de estudiantes contra a policía, de 100.000 obreros en paro, cabreados e frustrados, aqueles niñatos de 1968 en París, no Cojo Manteca, quen sabe... Nin rastro das nasas supostamente arrasadas por unha orxía de auga e vento. Segundo a prensa, os técnicos do Concello (¿?) cifran os danos ocasionados pola Tormenta Becky en 620.000 euros. O día de autos un percebeiro santamariñán laiábase a quen quixera escoitalo que o temporal ocasionáralle danos nos seus pertrechos valorados en "máis de 8.000 euros" e un non pode evitar recordar ao tristemente falecido Luis García Berlanga e a súa profética, visionaria, "Bienvenido Mister Marshall". Entón só  queda darlle gracias a Deus de que os danos non foran valorados polos citados técnicos en 6 ou en 60 millóns. A chuvia azota xa duro na cara cando o visitante en ruta itinerante chega ao Porto de Arou e contempla un escenario propio de calqueira dos periódicos...
Os equipos de extinción de incendios comproban o estado do lume no Campo do Turco de Xaviña

Incendio Forestal de Xaviña - Tensión máxima

De forma semellante a aquela colina vietnamita arrasada polo nápalm da aviación norteamericana da que falaba Robert Duvall no film Apocalypse Now visitar na mañán deste luns 16 de agosto de 2010 a cima do Campo do Turco en Xaviña era adentrase por unha paisaxe lunar devastada, por un manto negro de terra calcinada que obrigaba aos equipos de extinción de incendios a permanecer en estado de máxima alerta ante os múltiples focos de lume que revivían por doquier. Un día caracterizado por un operativo ininterrumpido de helicópteros que recollían auga na Vasa, polo tronar sordo de motores de hidroavión que amerizaban sobre as augas do Porto de Camariñas ante a ollada dunha expectante multitude para tratar de rematar un incendio que parecía definitivamante sofocado cara ás 4:00 da mañán do luns. Un día de caras cansadas, de ollos chorosos e de rabia contida. Os técnicos da Xunta de Galicia falan dunha extensión forestal calcinada próxima ás 100 hectáreas que terían a súa orixe en catro focos de lume distintos, todos eles provocados polo descuido culpable do ser humano. Nembargantes á hora na que a presente  noticia se publica chegan noticias de rescoldos que volveron cobrar vida, polo que a...
Ao Alcalde Pichurri non lle quedou máis remedio que axudar nas labouras de extinción do lume en Xaviña

Incendio Forestal devastador en Xaviña

Celebraba a parroquia de Xaviña as festas en honor a Santa Ana cando preto das 14:30 horas, xusto unha vez rematada a traca de bombas de palenque e instantes antes de que a Orquesta Trole puxese fin á súa actuación no baile vermouth, un pequeno fume empezaba a tomar forma de modo inquedante non moi lonxe do Cemiterio Novo xaviñán. De forma semellante ao acontecido o ano pasado en Xuxo con motivo das festas en honor á Virxe do Pilar... Co pasar dos minutos, ese pequeno conato de incendio convertíose nun inferno de lume e fogo que comenzou a subir raudo e veloz pola ladeira do monte que leva cara o Campo de Tiro de Xaviña. Xa dende o primer momento o Alcalde de Camariñas Pichurri, presente no baile vermouth, acercouse ao lugar de autos e ante a gran entidade do incendio e a escaseza de medios con que combatilo non tivo máis remedio que tomar parte nunhas labouras de extinción nas que chegaron a intervir voluntarios de Protección Civil de Camariñas, operarios do Concello, a cuadrilla comarcal de SEAGA de loita contra o lume, varios camións motobomba, un avión e un helicóptero, así como diversos veciños de Xaviña. No...