Entroido 2012 en Xaviña

Se hai un entroido de carácter popular, dicharacheiro, multitudinario e gastronómico no noso concello ese é o xaviñán. Un ano maís ao carón da súa  cáseque milenaria igrexa parroquial, organizado pola Asociación Abrindo Rejo e ca colaboración inestimable municipal, este domingo 19 de febreiro  centos de persoas daranse cita nun evento con renome en toda a Costa da Morte. Como sempre haberá orellas, chocolate, filloas e como non o sorteo dun porquiño. Aquí en camarinas.eu apara ir abrindo boca ca nosa cita ineludible co entroido xaviñán procedemos a publicar unha galería fotográfica do derradeiro magosto celebrado na parroquia máis extensa do noso concello. ...

Enrique Tajes Rodríguez DEP

Na madrugada deste martes pasado, 19 de setembro de 2011 finaba na súa casa da Costa aos 83 anos de idade o veciño de Xaviña Don Enrique Tajes Rodríguez máis coñecido coma "O Paneco". Don Enrique xa viña padecendo unha grave enfermidade dende hai varios anos e onte, lamentablemente, díxonos adeus para sempre. O corpo sen vida de Don Enrique está sendo velado na súa casa ata que as seis da tarde deste martes 20 de setembro  sexa acompañado polos seus familiares e amigos ata a Igrexa Parroquial de Santa María de Xaviña onde será realizado o funeral en corpo presente. Posteriormente procederase a celebrar o sepelio no Cemiterio Parroquial de Xaviña onde Don Enrique descansará para sempre. Dende Camarinas.eu queremos expresar a nosa máis profunda pena pola morte desta gran persoa e queremos mostrat as nosas condolencias a toda a súa familia e amigos. Don Enrique Tajes Rodríguez, Descanse en Paz. ...

Santa Ana 2011 en Xaviña

Hai xa máis dunha semana concretamente o luns pasado, 15 de agosto de 2011 e día sagrado da Asunción da Nosa Señora celebrábase na parroquia de Santa María de Xaviña a festa relixiosa máis importante do ano nestas antigas terras chas do Concello de Camariñas. Baixo un sol implacable que agora parece querer marchar para sempre do verán camariñán, era sacada polos fieis xaviñáns a Virxen de Santa Ana acompañada pola retaguardia por San Roque que percorreron parte de Xaviña dende a Rúa da Igrexa ata o cruceiro da Molinera. Unha procesión que contou co oficio do cura párroco de Xaviña Don Mario acompañado polo tamén cura xaviñán e profesor de Lengua Española no IES Raices de Cee Don Lorenzo. Ademáis da procesión relixiosa os responsables da organización agasallaron a todos os asistentes cun dúo musical que fixo as delicias dos máis bailadores. ...

Festa da Praia 2011 no Ariño

Unha estampida de público foi a que se deu cita o pasado 25 de xullo nos arredores da fantástica Praia do Ariño de Xaviña para ver a Marcos Pereiro e Xosé Antonio Touriñán, é decir, Nucha e Mucha ("As Cantareiras de Ardebullo"), o dúo humorístico que dende o 2004 leva enchendo de bromas a base da mellor retranca toda Galicia e que chegou a convertirse nunha das atraccións estrela do programa máis visto da TVG: Luar. Así, a eso das 8 menos cuarto facían acto de presenza estes dous grandes humoristas galegos entre a multitude que se agolpaba no pinal do Ariño e que, ao velos chegar, saltou en avalancha para sacar unhas fotos e conversar cos seus heroes televisivos. Alí tamén pudemos ver a nosa querida amiga Chelo (antiga camareira do Bar do Casino) acompañada do seu sobriño Marcos Pereiro e integrante de As Cantareiras de Ardebullo. Toda unha sorpresa. O caso é que este 25 de xullo, festa grande en Xaviña e tamén por extensión no resto de España, houbo moitas máis actividades nesta Festa da Praia organizada exemplarmente pola Asociación Abrindo Rejo de Xaviña pero deixámosvos de agasallo o prato forte deste día especial na praia do...

Festa da Praia 2011

A Festa da Praia que tradicionalmente se celebra cada 25 de xullo no Areal xaviñán do Ariño estará marcada nesta edición polo humor galego. Polo mellor humor galego xa que como invitados de excepción estarán presentes o 25 de xullo, Día do Apóstol Santiago, Patrón de Galicia e das Españas, Marcos Pereiro e Xosé Antonio Touriñán, é decir, Nucha e Mucha ("As Cantareiras de Ardebullo"), o dúo humorístico que dende o 2004 leva enchendo de bromas a base da mellor retranca toda Galicia e que chegou a convertirse nunha das atraccións estrela do programa máis visto da TVG: Luar. Pois alí estarán o luns 25 de xullo, no entorno paradisíaco do Ariño xunto a centos de veciños chegados dende tódolos recunchos do noso concello nun día que, se esta climatoloxía adversa que nos está a amargar o verán 2011 o permite, se convertirá nun placer difícilmente superable: o mellor entorno para un día de verán, unha comida abundante (gran sardiñada), boa música (charanga O Recobio, Abrindo Rejo, Escolas Municipais de Baile) e humor galego. ...