Don Ernesto Tajes Mouzo, veciño de Brañas Verdes, Descanse en Paz

Don Ernesto Tajes Mouzo, veciño de Brañas Verdes, Descanse en Paz

Este mes de xaneiro de 2019 está resultando tráxico en todo o Concello de Camariñas. Non sabemos exactamente cantos dos nosos veciños tiveron a mala fortuna de falecer nestes primeiros días de ano, pero moito nos tememos que podemos estar a falar dun dos meses con máis mortes do últimos tempos. Especialmente sintomática a grave situación poblacional do noso querido lugar de Brañas Verdes que pouco a pouco se está a converter nunha aldea deserta onde non hai nacementos e as defiuncións se contan cada mes como un goteo incesante. A derradeira neste lugar producíase na tarde deste luns 21 de xaneiro de 2019 cando o querido veciño de Brañas Verdes Don Ernesto Tajes Mouzo deixaba este mundo aos seus 82 anos de idade. O corpo sen vida de Don Ernesto, moi coñecido en toda a parroquia de Xaviña, está sendo velado no Tanatorio de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde sará cara a súa querida Igrexa de Santa María de Xaviña ás 16:00 horas da tarde deste martes 22 de xaneiro. Xa no sagrado templo xaviñán será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Don Ernesto para, acto seguido, ser realizado o seu sepelio no...
Dona María Carril Lema, veciña de Xaviña, Descanse en Paz

Dona María Carril Lema, veciña de Xaviña, Descanse en Paz

Continúa o incesante goteo de traxicas noticias que asolan o concello nestes primeiros dias de ano. Na mañan deste 15 de xaneiro de 2019 a redacción de Camarinas.eu recibía a triste noticia da morte da querida veciña de Xaviña Dona María Carril Lema aos seus 80 anos de idade. Dona María de Valente, tal e como era cariñosamente coñecida en toda a parroquia xaviñana, está sendo velada no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairá ás 15:45 cara a Igrexa Parroquial de Santa María de Xaviña para ser celebrado o seu funeral de corpo presente. Acto seguido procederase a realización do seu sepelio no Cemiterio Parroquial de Xaviña onde os restos mortais de Dona María do Calente terán merecido descanso eterno. Dende esta redacción queremos dar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Dona María Carril Lema e ofrecerlles o noso abrazo como consolo nestes duros momentos que están a pasar. Descanse en Paz. ...
Dona Carmen Blanco Vigo, veciña de Xaviña, Descanse en Paz

Dona Carmen Blanco Vigo, veciña de Xaviña, Descanse en Paz

Na mañán deste xélido sábado 5 de outubro, a redacción desta web era coñecedora da triste noticia da morte da querida veciña de Xaviña Dona Carmen Blanco Vigo aos seus 90 anos de idade. Señora Carmen da Pocha, tal e como era cariñosamente coñecida por toda a veciñanza de Xaviña, está sendo velada na sala 1 do Tanatorio Parroquial de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde sairá cara a súa natal Igrexa de Santa María de Xaviña ás 16:00 horas deste domingo 6 de xaneiro de 2018. Acto seguido, e xa no sagrado templo xaviñán, celebrarase o funeral de corpo presente pola alma de Dona carmen para, acto seguido realizarse o sepelio desta querida veciña no Cemiterio de Santa María de Xaviña onde os seus restos terán merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condilencias a toda a familia e amigos de Dona Carmen Blanco Vigo. Descanse en Paz. ...
Dona María Lema Moreira, veciña de Xaviña, Descanse en Paz

Dona María Lema Moreira, veciña de Xaviña, Descanse en Paz

Continúa o goteo incesante de tristes noticias neste fin de semana tráxico en todo o concello de Camariñas. Este sábado azoutaba outra vez a desgracia desta volta na nosa entrañable parroquia de Xaviña onde falecía Dona María Lema Moreira aos seus 97 anos de idade. Máis coñecida como María de Florindo, era esta querida señora unha das persoas máis lonxevas do noso concello e falecía na súa casa de Xaviña rodeada dos seus seres queridos. O corpo sen vida de Dona María está sendo velado no Tanatorio Municipal de Camariñas Irmáns Fernández Espín, dende onde sairá cara a Igrexa Parroquial de Santa María de Xaviña ás 15:45 da tarde deste domingo 25 de novembro. Alí, no sagrado templo xaviñán, será celebrado o seu funeral de corpo presente para acto seguido, procederse a trasladar os restos mortais de Dona María cara o Cemiterio Veciñal de Xaviña onde esta querida veciña terá merecido descanso eterno. Dende esta redacción queremos dar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Dona María Lema Moreira. Descanse en Paz. ...
O Concello de Camariñas renova 102 luminarias na parroquia de Xaviña para mellorar a eficiencia enerxética

O Concello de Camariñas renova 102 luminarias na parroquia de Xaviña para mellorar a eficiencia enerxética

Finalizan os traballos de renovación dun total de 102 luminarias nos núcleos da Grela, Tasaraño e Costa, na parroquia de Xaviña. Unha actuación valorada en 33.068,61 euros que está financiada polo Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia. Hoxe tivo lugar a recepción de obra por parte do Concello de Camariñas, á que asistiron a alcaldesa, Sandra Insua; o concelleiro de Urbanismo, Juan Carlos Canosa e o concelleiro de Medio Ambiente, Sergio Caamaño. ...