1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Este sábado ás catro da tarde casarán en Xaviña Cris e AdriánImos aquí en Camarinas.eu cun novo enlace matrimonial no que un dos protagonistas é un xoven camariñán e no que para inmortalizalo os contraentes acuden a un dos  mellores profesionais da fotografía da Costa da Morte: Diego Alonso Freire. Está sendo o fin do verán un tempo especialmente prolífico en canto a vodas se refire para  o director de Camarinas.eu xa que con este xa son varios os fins de semana consecutivos nos que diferentes unións matrimoniais se suceden sen solución de continuidade. Parece como si aqueles que están chamados a contraer sagrado matrimonio quixeran fuxir dos días centrais do verán, aqueles marcados co seu tono de ruido e furia e elexiran para contraer nupcias as épocas máis sosegadas, reflexivas do tardoverán, alí cando o crepúsculo estival anuncia un novo outono.

Desta volta os dous xóvenes que decidiron de forma ineludible cambiar o seu estado civil son os nosos amigos Cris, natural de Vimianzo, e Adrián, veciño de Brañas Verdes. Casarán na milenaria Igrexa Parroquial de Xaviña ás 4 e media da tarde deste sábado 8 de setembro de 2012 oficiando os honores nupciais a voz sabia e experimentada de Don Jesús, cura-párroco de Camariñas, pois Don Mario, o ancestral páter xaviñán atópase en Santiago na voda dun familiar: por unha vez o eclesiástico que leva exercendo as súas labouras sacras en Xaviña dende hai décadas, que sacramentou a tantos centos de veciños da súa parroquia, estará ao outro lado do espello, quen sabe se analizando fríamente a labor dun colega. Cris e Adrián viven en Mesoiro, dentro desa área metropolitana coruñesa onde tantos camariñáns residen e traballan: ela como peluqueira en Espacio Coruña, él no Dolce Vita. Unha vez unidos ante os ollos de Deus, estes dous xóvenes para daquela xa casados festexarán o seu enlace no Restaurante Pastoriza de Vimianzo, onde xunto aos seus familiares e amigos vivirán unha xornada irrepetible. E para inmortalizala para os días da posteridade, Diego Alonso Freire. ¡¡Felicidades parella!!

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.