- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Xaviña e Santa Mariña Xaviña e Santa Mariña
- Created: 04 Agosto 2012 04 Agosto 2012
A maior desgracia volvíose a abatir sobre a veciñanza traballadora, seria, de Xaviña na madrugada deste sábado 4 de agosto de 2012. Á altura de Carantoña o automóvil no que viaxaba o rapaz de 18 anos Aarón Rojo Luaces saíase da calzada e impactaba brutalmente contra un poste da luz caendo este precisamente sobre a zona dereita do coche onde viaxaba como copiloto Aarón. Segundo contan testemuñas presenciais, unha vez trasladado de urxencia pola ambulancia, Aarón chegaba con vida ao hospital de Cee e incluso falaba ca súa nai pero pouco despois sucedía o peor e Aarón falecía. No automóvil siniestrado viaxaban outros dous rapaces que non sufriron feridas de gravedade. Aarón (19/07/1994) era un rapaz xovial e alegre, moi aplicado nos seus estudios e moi respetuoso coa súa familia. Sempre o podíamos ver coa súa gaita acompañando ao grupo Abrindo Rejo de Xaviña do cal formaba parte.
Así pois, desta maneira outro maldito poste de carretera que se cruza na vida dun xoven xaviñán, nunha traxedia que non deixa de ter unha macabra similitude co accidente sufrido hai preto de cinco anos por Divanir Sambade. Outra vez un sinistro de tráfico que se leva no mellor da súa vida a un veciño procedente da parroquia máis extensa do Concello de Camariñas, a semellanza do acontecido un día de Noiteboa de 2009 con María Jesús Martínez Lema e o seu cativo Martín, de dous anos. Aquí en Camarinas.eu á vista deste novo drama que se volve a cernir sobre Xaviña só nos queda expresar as nosas condolencias máis sinceras a Lourdes e Hipólito, pais de Aarón, e ao resto da súa familia por esta inconsolable traxedia e pedir aos nosos lectores e usuarios que acompañen a esta aflixida familia nestes durísimos momentos para tratar na medida do posible de mitigar a súa dor. Aarón Rojo Luaces, que Deus che teña na súa Gloria, Descansa En Paz.
O Enterro terá lugar este domingo 5 de agosto de 2012 na Igrexa de Xaviña ás 19:00 h.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.