- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Xaviña e Santa Mariña Xaviña e Santa Mariña
- Created: 08 Xullo 2008 08 Xullo 2008
"Abrindo Rejo" organizará este ano a "Festa da Praia"

Cartel da Festa da Praia do Ariño que empezará a circular polo concello estes días
Durante 6 anos a Asociación "Abrindo Rejo" de Xaviña e o Concello de Camariñas levan traballando por unha "Xoldra Enxebre" grande, vendo como cada vez vai crecendo máis. E moitas entidades empezan a colaborar no mesmo. Entidades públicas como a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña, e como non, os veciños de Xaviña que veñen colaborando dende hai tempo para que a Xoldra Enxebre continúe medrando exponencialmente.
Este 2008 o Concello de Camariñas confiou aínda máis na Asociación C.X.D. "Abrindo Rejo" ao poñer nas súas mans a organización da festa do día seguinte á Xoldra. Orgullosos de ser os primeiros xaviñáns en moitos anos en organizar este evento, os integrantes da Asociación "Abrindo Rejo" só piden que o pasedes ben na FESTA DA PRAIA:
-
24 de xullo: VI XOLDRA ENXEBRE: noite con encanto, folk, risas, e un dj que traerá a Formula Hits ó Ariño.
-
25 de xullo: DÍA DA PATRIA GALEGA: día cargado de gaiteiros, sardiñas asadas, xogos na praia.

Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.