1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Os traballos de renovación do pavimento no camiño da Agra de Bouzas e a pista que vai do Pedrouzo a Gándara na parroquia de Xaviña remataron esta semana. Estas dúas  obras estaban cofinanciadas polo Concello de Camariñas e unha subvención de 32.720,82 euros do AGADER (a través do fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento do Rural) que conformaron a contía total que ascendeu a 39.592,19 euros.

Nestes traballo incluíuse a roza da maleza das cunetas así como a limpeza e perfilado das mesma. Posteriormente, preparouse o firme a pavimentar estendendo grava artificial sobre os fochos da zona para nivelalo para, posteriormente, reasfaltar os camiños cunha capa de aglomerado asfáltico en quente.

En ambos camiños tamén se construíron salvacunetas (pequenas pontes que enlazan o firme coa parcela contiguo).

PavimentaciónXaviña_2.jpeg

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.