- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- CategorÃa: Xaviña e Santa Mariña Xaviña e Santa Mariña
- Created: 12 Xuño 2019 12 Xuño 2019
Despois duns meses de relativa calma, volvÃa a azoutar a traxedia na tranquila parroquia de Xaviña cando as máis dolorosas espectativas de saúde dun querido veciño de Xaviña se facÃan realidade. Na tarde deste mércores 12 de xuño de 2019 esta redacción recibÃa a triste noticia da defunción do noso querido amigo Don José GarcÃa Grille, máis coñecido como "Antonio da Roupa" aos seus tempranos 58 anos de idade. Don José Antonio, moi coñecido en toda a Costa da Morte debido ao seu traballo como vendedor ambulante polas feitas da bisbarra, falecÃa despois de sofrir un repentino trastorno de saúde que o deixaba ingresado en estado crÃtico no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee para, finalmente, falecer na tarde de hoxe acompañado da súa familia. O corpo sen vida do noso querido amigo está sendo velado no Tanatorio Municipal de Camariñas Irmáns Fernández EspÃn, dende onde sairá cara a Igrexa de Xaviña ás 17:00 horas deste xoves 13 de xuño. Xa no sagrado templo xaviñán, será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de don José Antonio para, acto seguido, ser realizado o seu sepelio no Cemiterio Parroquial de Santa MarÃa de Xaviña onde Don José Antonio terá merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción o noso máis firme apoio a toda a familia de Don José Antonio GarcÃa Grille, especialmente á súa dona Norma e ao seu fillo Antonio nestes durÃsimos momentos que están a pasar. Descanse en Paz.