- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Xaviña e Santa Mariña Xaviña e Santa Mariña
- Created: 28 Febreiro 2018 28 Febreiro 2018
A praia do Ariño conta dende hai un tempo cunha area de servizos para autocaravanas. Está é un área pública e gratuíta, aberta todo o ano, que acolle a familias e visitantes que utilizan este medio de transporte para coñecer Camariñas e a Costa da Morte.
Será este vindeiro fin de semana cando a área dedicada ás autocaravanas se inaugure coa presenza en Camariñas de mais de oitenta vehículos que, convocados pola Asociación Galega de Autocaravanas, acoden para apoiar coa súa presenza a inauguración. Os participantes nesta concentración, algúns do cales chegarán durante a xornada do venres, visitarán o sábado pola mañá o Museo MAN de Camelle e o faro Vilán para dirixirse, xa pola tarde, á praia do Ariño, onde ás 6 terá lugar a inauguración. Polo Concello de Camariñas, estarán presentes o alcalde, Manuel Valeriano Alonso de León, a concelleira de Comercio e Turismo, María José Gerpe Martínez, e outros membros da corporación. Pola Asociación Galega de Autocaravanas asistirá o presidente, Manuel Angel Fernandez-Arruty Ferro, presidente tamén da Federación Española de Asociaciones de Autocaravanistas. Finalmente, o domingo visitarase o Museo do Encaixe.
Cerca de 200 autocaravanistas acudirán a Camariñas este fin de semana para a inauguración da Área de Servizos para Autocaravanas da praia do Ariño.
Desde a Asociación Galega de Autocaravanas explican que veñen a Camariñas para agradecer ao concello que crease a área de autocaravanas de O Ariño. Con este motivo, cerca de duascentas persoas pasarán en Camariñas o fin de semana coñecendo o seu patrimonio, a súa paisaxe e gozando da súa gastronomía, para o que varios restaurantes do municipio ofrecerán un menú especial aos autocaravanistas.
A área de autocaravanas ofrece servizos de baleirado de augas negras e grises. Ademais, a praia do Ariño conta cun merendeiro, auga potable, baños adaptados e colectores de recollida selectiva de lixo.
Programa da inauguración da Área de Caravanas do Ariño - Camariñas do 2 ao 4 de marzo
Venres 2 de marzo:
- Recepción dos participantes e entrega de documentación na explanada do peirao novo.
Sábado 3 de marzo:
- 10:00 Explanada do peirao novo: Saída en autobús ata Camelle
- 10:20 Visita ao Museo MAN de Camelle e Casa-Museo do Alemán
- 11:00 Saída en autobús desde Camelle ao Faro Vilán
- 11:30 Visita ao Faro Vilán
- 13:00 Baixada a Camariñas pola ruta de sendeirismo. Autobús dispoñible.
- 17:00 Saída en autobús á praia do Ariño
- 18:00 Inauguración zona auto caravanas praia O Ariño
- 19:00 Volta a Camariñas
- 19:30 Chocolatada de confraternización no porto de Camariñas
Domingo 4 de marzo:
- 11:00 Visita ao Museo do Encaixe
- 12:00 despedida e fin da concentración