1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Si xaneiro fora un mes tráxico no que respecta a número de decesos dentro do noso concello, o mes no que recentemente entramos ten pinta de levar o mesmo rumbo. Deus non o queira, pero o comezo non da moitas esperanzas a que cambie. Na noite deste desgraciado xoves 1 de febreiro volvía esta redacción a recibir tristes noticias coa morte de Don Manuel Meirás Cibrán aos seus 84 anos de idade despois de ser confortado cos auxilios espirituais. O corpo sen vida de Don Manuel está sendo velado na Sala 1 do Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairá este sábado 3 de febreiro ás 15:45 horas cara a Igrexa de Santa María de Xaviña. Alí, no sagrado templo xaviñán será celebrado o funeral de corpo presente deste querido veciño de Xaviña para, acto seguido, ser realizado o sepelio de Don Manuel no Cemiterio Parroquial de Xaviña. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Manuel Meirás Cibrán. Desncanse en Paz.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.