1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
NA tarde deste desapacible primeiro de xaneiro de 2018 falecía o querido veciño de Brañas Verdes Don Antonio Estévez Mouzo aos seus 76 anos de idade. Os restos mortais de Don Antonio de Arou, como era máis coñecido en Brañas Verdes, están sendo velados no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairán cara a Igrexa de Santa María de Xaviña ás 16:00 horas deste chuvioso martes 2 de xaneiro. A continuación, no milenario templo cristiano de Xaviña, será celebrado o funeral de corpo presente do Don Antonio para, acto seguido procederase a realizar o seu sepelio no Ceminterio Parroquial de Santa María de Xaviña onde Don Antonio recibirá merecido descanso eterno. Dende esta redacción queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Antonio Estévez Mouzo, Descanse en Paz.

SERVIZO DE OMNIBUS (Autos Facal): Saída dende Camelle ás 15:00 horas pasando por Arou, Santa Mariña, Brañas Verdes, Xaviña, tanatorio de Camariñas, igrexa, cemiterio e regreso.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.