1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Quen poidera percorrer día tras día todas e cada unha das obras que afloran cáseque cada semana por tantas esquinas do noso concello! Pararse frente a elas con palillo nos beizos,  apoiarse co cu para atrás e as patas cruzadas nun deses valados amarelos que avisan ao viandante da inminente obra pública e discutir con calqueira que pase por alí a viabilidade da obra. Eso sería a mellor vida para un redactor de Camarinas.eu... pero como aquí temos tamén que traballar para gañarse o pan e visto que a política nos importa un pepino pois é o que hai. Esta foi unha das causas de que sexa agora, despois de varias semanas da súa finalización, cando nesta web nos enteramos de que o Concello de Camariñas ven de acometer unha mellora significativa no firme do tramo que une os nucleos rurais de O Cruceiro coa Covadiña. Unha obra financiada en parte polo AGADER que foi adxudicada á empresa Padrosán Construcciones S.L. por un importe de 43.557,58 euros. Os traballos consistiron na limpeza e acondicionamento das cunetas, entubado de varias zonas da zona nas cales se permitía esos traballos e onde non se pudo fíxose media caña de cemento e pavimentouse todo o tramo cunha capa de asfalto. Unha obra que terá continuidade en breve según nos contan dende o concello e que será o prolegómeno para outras inminentes actuacións na parroquia de Xaviña. E nos aquí estaremos atentos para non perdernos nin unha destas obras.

 

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.