1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
As nominacións sucédense sen solución de continuidade e acaban chegando ata as máis altas xerarquías. Unha vez posta en marcha a maquinaria acuática infernal do Legado del Tibu era cuestión de tempo que importantes persoeiros municipais acabaran véndose contra a espada ou a parede (esto é, a mariscada ou a pingadura). Incluso algún que agazapado na súa cálida guarida sureña confiaba en que escampase sen maiores complicacións acabou condeado a un riguroso pelotón de fusilamento en forma de xélido mangueirazo a presión. O reo condeado en virtud de nominación sumaria dictada polo Presidente do Tribunal Revolucionario de Camarinas.eu, Diego Alonso Freire, non foi outro que un dos redactores históricos desta redacción, Zhúkov, o cal nun vídeo premonitorio, nun día que acabaría por entrar na leyenda, cunha interpretación digna do Método Stanislavsky, cumprío co rito e fixo as súas impactantes nominacións: dous antigos colaboradores de Camarinas.eu, Lucía Carril Ageitos e o broker porteño José Manuel Souto Bello e ... o Alcalde de Camariñas, baixo forte pena de pago dunha suculenta mariscada nun dos elitistas ristorantes de O Grove. E eso como di o vídeo, colegas, non é moco de pavo... ¿Aceptará o Alcalde de Camariñas o guante lanzado pola redacción de Camarinas.eu? Que siga la fiesta.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.