- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Xaviña e Santa Mariña Xaviña e Santa Mariña
- Created: 29 Xaneiro 2008 29 Xaneiro 2008
Desgracia en Xaviña

A desgracia volveu a caer na tarde deste 29 de xaneiro sobre a parroquia de Xaviña. Alí sobre as 15:30 da tarde, nos baixos dunha casa en construcción atopábase Manolo "O Valente" propietario xunto o seu irmán da coñecida empresa de construcción C.C.C., cando o camión que Manolo estaba manexando e que estaba sendo cargado de terra por unha pala mecánica empotrouse contra a citada pala ao ceder o terreo onde estaba situado o camión debido posiblemente ao peso do mesmo.
Manuel Canto Carril era un coñecido e querido constructor xaviñán, amigo persoal do Director de camarinas.eu Diego Alonso Freire, o cal soubo desta tráxica noticia que apena a tanta xente do noso concello cando a eso das 4 da tarde se dirixía a sacar unhas fotos a Ponte do Porto: de repente víu nas dúas casas en construcción na Recta de Sara que iban a ser destinadas a vivendas da familia Canto Carril e sedes da empresa un gran operativo da Garda Civil, de Protección Civil e da Policía Local de Camariñas. Alí xa tamén se atopaba o Concelleiro xaviñán Sergio Caamaño e intres despois chegaba recén voltado da súa viaxe por Arxentina o Alcalde Pichurri. Era evidente que alí acontecera unha traxedia, e lamentablemente esto confirmouse. Manolo deixa muller e dúas fillas. En fin, tan só queda darlle o pésame a familia, consolala nestes momentos de dor, e así animamos a todos os nosos usuarios a que deixen testimonio nesta noticia do seu apoio á familia nestes tristes e tráxicos momentos. Manolo, descansa en paz.


Comentarios
no quiere volar y comprender
lo injusta q a veces es la vida
cuando empezamos a creer
Algún lugar habrá en el cielo
para poder cobijar
a tanta gente buena
y de buena voluntad
Te vas lejos y dejas tu semblante
marcado en la construcción
hoy mis manos,escriben tu adios
Descansa en Paz Manuel
Descansa en paz al lado de Dios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.