As nosas chicas preferidas, as que conforman a única comisión íntegramente femenina do momento, aquela que pulveriza por igual rexistros macroeconómicos e cuotas de igualdade, segue adiante co seu cometido innegociable, irrenunciable: organizar para a súa amada parroquia de Xaviña o mellor programa de festas que viron as pedras da súa moi secular igrexa románica. A próxima marca a batir: a de organizar outra cea multitudinaria, na que con tal de gozar a súa impoñente presencia, de saciar os ollos ca súa inalcanzable beleza, respirar o mesmo aire que o destas deusas comisionistas xaviñanas, un xa avizora no horizonte outro cheo ata a bandeira no ristorante parroquial elexido. Así o indica o número de apuntados para un evento previsto para o 4 de xaneiro do ano entrante, momento no que por un módico precio de 20 euros/adultos e 10 euros/menores, todos os asistentes poderán contribuir á organización das festas do 2014. A primeira cita xa se achega, será en febreiro co San Blas, proba de fogo para esta ilusionante e ilusionada Comisión de Festas e todo parece indicar (ritmo d eventa de camisetas, de aportacións de veciños, de asistentes a ceas) que estamos en portas dun éxito histórico. Con todas estas beldades en acción festeira, non podía ser doutra maneira.
Fai falta ser mais que un toureiro,aínda que hai mortes que non dan pena e a que estas pensando a túa ,mal pensado ,que es un mal pensado,sempre o fuches e non deixases de selo,non é esa ,é o pracer de mirar para elas,xa nos valen para facer unha viaxe mental do mais belo,moi ben guapas ,trataremos de estar na cea ,un saúdo
Comentarios
hay que ser tan valiente
como un torero
para ir sin capote
a robarle un beso.
Para hablarle de cerca,
sin burladero,
hay que ser
torero,
torero,
torero.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.