- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Xaviña e Santa Mariña Xaviña e Santa Mariña
- Created: 19 Novembro 2013 19 Novembro 2013
Un puñado de xóvenes beldades están cubrindo Xaviña de gloria. Este pasado fin de semana lograron reunir a máis de cen comensais nunha impresionante cea recaudatoria no Ariño, as aportacións dos veciños están acadando cifras astronómicas, a vindeira Festa de San Blas estas xóvenes e sobradamente preparadas heroínas xaviñanas xa a teñen case a punto de caramelo e por último veñen de crear a camiseta oficial "Xaviña en Festas". Derradeiro grito en indumentaria festeira, burbuxeante e chisporroteante composición vangardista, facía a súa presentación oficial esta mesma mañán de 19 de novembro na redacción de Camarinas.eu como paso previo a expandirase sen solución de continuidade ao longo de todo o noso concello, volcado de forma entusiasta cas novidades que un día sí e outro tamén depara a máis xoven e íntegramente femenina comisión do seu término municipal. Como non podía ser doutra maneira as dúas primeiras unidades xa foron mercadas na redacción do xigante mediático da Costa da Morte. Foi o comenzo de algo que pode non ter fin. ¡Ánimo chicas!