1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Este sábado 6 de agosto de 2013 todo o Concello de Camariñas lembrará a Aarón

Agora que Galicia a duras penas se sobrepoñe á terrible masacre acaecida nas vías do tren de Santiago de Compostela o 24 de xullo, se houbo unha desgracia que golpeou dun xeito brutal ao Concello de Camariñas ao longo de 2012 foi sen dúbidas o falecemento en fatal accidente de tráfico do xove xaviñán de 18 anos Aarón Rojo Luaces. Foi nas primeiras horas dun sábado 4 de agosto, cando voltaba como coopiloto dun turismo da Festa de Carantoña ca mala sorte de aquela viaxe había de ser a última para tan gran rapaz, estudioso e  traballador, respetuoso e educado, seguindo a estirpe clásica da veciñanza xaviñana.

Nestes días nos que se cumpre o primeiro cabodano do seu falecemento, a súa familia e amigos decidiron lembralo ca celebración dunha misa este vindeiro sábado 3 de agosto  ás 18:00 horas na Igrexa Parroquial de Xaviña. Evento entrañable para o que se espera unha gran asistencia xa non de veciños de Xaviña senón de todo o concello que estarán xuntos acompañando á familia en tan especial ocasión. Foi aquela mañán do primeiro sábado do mes de agosto de 2012 especialmente dura nesta redacción e en xeral para todo un concello que quedaba consternado co fatal drama que acababa de desencadearse nun recodo da carretera a Carantoña, como sempre acontece cando un rapaz forte, sano, no mellor da súa vida, se nos vai entre as mans. Por elo nada mellor que lembralo organizando unha pequena homenaxe en forma de misa de cabodano como a que este 3 de agosto ateigará sen dúbidas o milenario templo xaviñán. Aarón, vai por ti.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.