- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Xaviña e Santa Mariña Xaviña e Santa Mariña
- Created: 09 Febreiro 2013 09 Febreiro 2013
Por haber, hai sitios que teñen unha gran tradición de Carnaval e outros que non. Existen lugares nos que cando se aproximan as épocas das carnestolendas as xentes vólvense literalmente tolas, nos que con meses de antelación mentras un pasea polas rúas se escoitan a través das portas dos baixos, das garaxes, ás distintas comparsas ensaiando esforzadamente as coplas que se cantarán ante toda unha vila expectante, que cando chega o gran día do concurso as emocións dispáranse ata niveis insondables e algún que outro concelleiro pode acabar levando un par de boas trompadas, días nos que ser membro do xurado convírtese en profesión de alto risco: un purgatorio do que todo aquel que pode opta por fuxir aliviado... Nunca foi o Concello de Camariñas unha terra pródiga na tradición carnavaleira antedita pero con todo nos últmos tempos sentáronse unhas sólidas bases para convertir nun medio plazo o noso municipio nun dos paraísos da transformación tolerada, dese facer o ridículo socialmente aceptado que ao fin e ao cabo é no que consiste o Entroido.
E non hai mellor exemplo da tesis sociolóxica anteriormente exposta que o tradicional e enxebre Carnaval de Xaviña. Organizado conxuntamente entre o Concello de Camariñas e a Asociación Abrindo Rejo, reúne en si mesmo unha serie de características peculiares que o convirten nun festival folklórico-culinario-carnavaleiro de valor senlleiro e inapreciable. Dende a enchenta gastronómica habitual ata o sorteo de dous suculentos e rollizos gorrinos (e non estamos a falar de ex secretarios de corrompidas e corruptoras formacións políticas), os domingos de entroido en Xaviña constitúen toda unha festa do máximo nivel na que a diversión está garantizada. Foi por elo que, pouco a pouco, cáseque pode decirse que dende a nada acabou por converterse nun dos principais expoñentes do Carnaval na Costa da Morte.


Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.