- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Xaviña e Santa Mariña Xaviña e Santa Mariña
- Created: 23 Xaneiro 2013 23 Xaneiro 2013
Despois dun período de relativa calma, o imperio do crime voltou atacar Camariñas. Desta volta nun dos locais hosteleiros clásicos do noso concello, un restaurante tan insertado no entramado sociolóxico municipal que ata acabou por dar nome á curva na que se aposenta: o Bar Parrillada Rojo. Era na madrugada deste frío, ventoso, chuvioso e atemporalado mércores 22 de xaneiro de 2013 cando un ou varios descoñecidos se introducían de modo subrepticio no local hosteleiro xaviñán ao amparo das sombras da noite e procedían a sustraer a súa máquina tragaperras. O caso é que os donos do restaurante viven sobre o mesmo, no piso superior, e elo leva a pensar que os ladróns coñecían esta circunstancia polo que procederon a axilizar a súa labor delictiva centrándose só na citada máquina recreativa, conscientes de que si os donos do local se enteraban da súa indesexada irrupción a cousa podería pasar a maiores.
Así pois deste inusual xeito tiña lugar no noso concello o enésimo episodio de roubo con forza nun local ou vivenda sen que ata o de agora haia que lamentar máis que o valor do sustraído: calqueira destos días, en calqueira dos lances delicuenciais que están por vir, un propietario decatarase de que está sendo obxecto dun roubo e as cousas pasarán a maiores, darase ese fatal salto cualitativo de gravidade que ata o de agora tan só a fortuna evitou. Con todo, xa non basta con que as xentes honradas se teñan que deslomar traballando para pagar os impostos que manteñen a tanto afiliado e simpatizante político colocado en calqueira dos numerosos organismos públicos que nos afogan, senón que agora tamén deben manter a outros que non queren traballar: aqueles que se adican a sustraer os bens alleos utilizando ben a forza física, ben a violencia. Dende aquí en Camarinas.eu tan só nos queda enviarlles o noso apoio e solidariedade aos donos do lexendario Restaurante Rojo e recomendarlles que o leven con paciencia. Moita paciencia.
Comentarios
Ánimo, porque tarde o temprano, caerán.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.