- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Xaviña e Santa Mariña Xaviña e Santa Mariña
- Created: 17 Novembro 2012 17 Novembro 2012
O crime sacrílego máis incomprensible, a broma macabra máis noxenta, tivo lugar na noite deste sábado 17 de novembro de 2012 no Cemiterio Parroquial de Xaviña. Un ou varios descoñecidos irrumpiron no mesmo e destrozaron os adornos florais e as plantas que, ao carón das súas tumbas, acompañaban o descanso eterno de Aarón Rojo Luaces, María Jesús Lema Martínez e Beto Tajes. Ademáis varios tiestos de plantas e portavelas desaparecían misteriosamente e o pouco valor dos mesmos leva a pensar nunha especie de broma macabra, tal vez un acto de satanismo, como explicación a uns feitos que escapan a todo raciocinio, respeto e comprensión humanas. Non en van estamos a falar de destrozos nas lápidas das víctimas das traxedias máis dolorosas da historia recente de Xaviña: Aarón, víctima dun fatal accidente de tráfico o 4 de agosto do presente ano e María Jesús, falecida tráxicamente xunto ao seu filliño Martín na Noiteboa de 2009.
Cando na sobremesa deste sábado recibíamos en Camarinas.eu a chamada angustiada da nai de Aarón Rojo Luaces, non dábamos crédito ao que escuitábamos a través do móvil. Estamos a falar dunha muller, unha nai, que fixo da visita á tumba de Aarón o epicentro da súa vida: alí soe pasar cada día ata dúas horas ao carón dun fillo falecido no mellor da súa vida. Faga calor, frío, ou chova: da igual. Lourdes recibía aviso dunha veciña e tras desprazarse de inmediato e comprobar en persoa a magnitude do desastre que asolara o camposanto xaviñán, poñía os feitos en coñecemento do Alcalde Pichurri, quen dou rápidamente parte á Guardia Civil. Así, xa nas primeiras horas da tarde unha dotación dunha Benemérita que recentemente tivo xa que lidiar cun acto de parecidas características (roubo de varios obxectos de valor nunha tumba do cemiterio) en Santa Mariña presentábase no lugar de autos, tomaba imaxes do acontecido e iniciaba as pesquisas sobre este acto detestable. Despois, pouco a pouco, ían chegando familiares das víctimas das tumbas ultraxadas e para cando Camarinas.eu facía acto de presencia xa tiñan case todo restablecido e arranxado e dos grandes destrozos perpetrados pouco quedaba.
Víctimas dunha oleada de delitos de todo tipo que se abaten masivamente sobre a veciñanaza do noso concello, pouco podíamos crer que o novo golpe viría polo lado do vandalismo máis extremo, da falta de respeto e decencia màis absolutas, do gamberrismo máis gratuito e innecesario. Á dor profunda e perenne ca que as familias sobrelevan a súa traxedia agora deben engadir a burla e o escarnio perpetrado por uns desalmados. Sexan uns adolescentes un tanto perdidos ou uns adultos conscientes dos seus actos esperamos que un castigo exemplar e exemplarizante recaia sobre os mesmos con toda a forza das nosas menguadas e leves (!ay tan leves! lixeiras como unha pluma) leies. Que as pesquisas podan chegar a bo resultado e poidamos coñecer aos culpables. Despois, por nos, que os encerren e, si poden, que tiren ca chave.







Comentarios
PD: Este comentario foi escrito por un xaviñán.
Actos satánicos de almas do demo que se rin das desgrazas alleas.
Tan so engadir unha cousa: que me dan pena porque son posesos do demo.
Resignación para esas familias ultraxadas, e que os seus mortos descansen en Paz.
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.