- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Xaviña e Santa Mariña Xaviña e Santa Mariña
- Created: 03 Novembro 2012 03 Novembro 2012
Grave susto o que levamos en Camarinas.eu ao enterarnos cara ás 17:00 horas deste sábado 3 de novembro de 2012 de que un dos grandes amigos desta redacción, o electricista xaviñán Manuel Canosa Bermúdez, acababa de sufrir un aparatoso accidente que facía necesaria a intervención do helicóptero de emerxencias. Aconteceron os feitos nunhas instalacións nas que se atopaba traballando nese momento non lonxe da Curva do Rojo, en Xaviña, cando recibía unha forte descarga eléctrica que fixo pensar o peor nuns primeiros instantes. Ante o aparatoso do suceso poñíase de inmediato en marcha un dispositivo de urxencia que considerou necesario chamar neste crucial momento ao helicóptero de emerxencias para a súa rápida evacuación.
Nembargantes pasados estes intres iniciais constatouse que a gravidade das feridas sufridas por Manolo, queimaduras de diversa consideración nunha man, non facían necesaria a intervención dun helicóptero que ata chegou a aterrizar no Muelle Novo e así unha ambulancia procedía ao seu traslado. Nestes momentos este gran profesional xaviñán está en observación no Hospital de Cee, descartándose polo tanto unha maior gravidade das súas feridas e recupérase das mesmas de xeito satisfactorio. Así pois e gracias a Deus todo quedou nun pequeno susto. ¡Ánimo Manolo, a recuperarse rápido e a seguir traballando!
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.