- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Xaviña e Santa Mariña Xaviña e Santa Mariña
- Created: 23 Outubro 2012 23 Outubro 2012
As desgracias non acabaron co acaecido este domingo 21 de outubro de 2012 e así na mañán do día da resaca, este luns, o helicóptero de urxencias voltaba a facer un dos seus vos salvadores cara a vila de Camariñas. Pouco despois da media mañán un dos lectores de Camarinas.eu chamaba á redacción para dar aviso dunha nova visita do helicóptero de emerxencias. Desta volta foi para recoller no Muelle Novo camariñán a unha veciña de Santa Mariña chamada Amelia Suárez Lema de 82 anos de idade que acababa de sufrir un ataque ao corazón. Tras ser trasladada de urxencia dende o seu fogar da cara norte do concello á capital municipal era evacuada deste xeito á sección de enfermidades coronarias do Hospital Clínico de Santiago de Compostela. Neste momento estamos esperando que nos confirmen o estado da Señora Amelia Suárez Lema para tranquilizar aos seus moitos coñecidos e amigos. O helicóptero de emerxencias, un servizo básico, vital de necesidade, que salvou tantas vidas xa no noso concello e que ca tromba de recortes que están por vir tralas eleccións autonómicas podería ver o seu fin definitivo. En todo caso, dende Camarinas.eu esperamos que se confirme a melloría no estado de saúde de Dona Amelia.
