1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Os Xaviñáns celebraron a Festa na Honra a Nosa Señora e San Roque

Cas xa clásicas ausencias etílicas por todos esperadas, este 15 de agosto tiña lugar unha das citas claves do santoral xaviñán: a festa da Nosa Señora e San Roque. Baixo un espléndido calor estival as boas xentes da parroquia máis extensa do noso concello botáronse aos camiños e percorreron Xaviña en cristiana procesión. Alí, ao carón da súa xente e encabezando a procesión atopábase o noso querido amigo e Secretario do Club Náutico de Camariñas, Manuel Ángel García Insua que durante un longo treito portou á Nosa Señora sobre os seus hombros. Detrás ía San Roque en volandas levado polo seu irmán Félix e varios veciños devotos de Xaviña. O Alcalde Pichurri e o Páter xaviñán Don Lorenzo supoñían a menguada representación institucional presente no acto. Así mesmo acompañaban todo o acto a omnipresente Banda de Gaitas da Asociación Abrindo Rejo que outro ano máis estaba ao carón dos seus paisanos para poñer a nota musical ás celebracións.

E, como non podía ser doutra maneira tamén cubría o evento Camarinas.eu, a web que arremete informativamente en tódolos frentes e que ven de incorporar como agasallo de quinto aniversario a que será unha infatigable e xocosa sección de crónica política, que non podía faltar para acompañar aos nosos veciños nun día sinalado para eles así como para cumprir a súa eterna función de servizo público que permitirá que todos os xaviñáns da diáspora (Argentina, Suiza, Alemania...) poidan asistir sequera cibernéticamente ás súas queridas e sagradas festas. Fe, sol, entusiasmo, unha espectacular alfombra floral e o carácter serio, respetuoso e traballador do pobo xaviñán, todo elo nun acto que como é tradición se non o capta Camarinas.eu éste (informativamente) non existe.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.