- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Xaviña e Santa Mariña Xaviña e Santa Mariña
- Created: 08 Agosto 2012 08 Agosto 2012

Parece como si, formando parte da maldición bíblica que se cerne sobre o Concello de Camariñas por culpa dos pecados pufistas e noxentos dalgún okupanáuticos malvado e bebedor, unha praga de accidentes de tráfico estivese a asolar a nosa terra. O último exemplo desta cadea ininterrumpida de sinistros nos que un automóvil é o protagonista aconteceu nas primeiras horas desta tarde na Costa do Pitero, cáseque xa entrando na Curva do Rojo. Eran sobre as 16:00 horas cando un Citroen conducido por uns veciños de Camariñas baixaba pola mencionada costa seguido por un Seat Ibiza a cuios mandos ía unha veciña de Santa Mariña. Foi, segundo contaban testemuñas presenciais, ao tentar virar o primeiro dos coches cara o cruce que leva ás Praias de Reira cando o Seat Ibiza que ía detrás non puido frenar a tempo e producíase un espectacular accidente que arroxaba unha apocalíptica imaxe de coches volcados, pero que afortunadamente non traía consigo consecuencias de maior envergadura salvo o traslado de polo menos un ferido ao hospital comarcal A Xunqueira de Cee.
Curiosamente, un dos primeiros en dar a voz de alarma á Protección Civil e á Guardia Civil era o propio Alcalde Pichurri que neses momentos se dirixía a aproveitar a tarde primaveral en Reira, sendo polo tanto un dos primeiros testigos presenciais do acontecemento. Así, podíamos velo en bañador, móvil en man chamando á grúa cáseque a esas mesmas horas nas que o okupanáuticos malvado e bebedor soe durmir a súa habitual mona de sobremesa. Posteriormente, unha vez chegada a grúa, levábase ésta consigo un Seat Ibiza que era o principal damnificado dun accidente de circulación que xa constitúe o terceiro que afecta dunha o outra forma a veciños de Camariñas en pouco máis de cinco días. É por elo que pregamos aos nosos lectores especial cuidado e precaución cando se atopen aos mandos dos seus automóviles, en especial en estos días nos que parecera como si unha praga bíblica circulatoria estivese a asolar ás boas xentes do Concello de Camariñas.


Comentarios
AVISO DE REDACCIÓN: OS COMENTARIOS CON INSULTOS CARA A PERSOAS DESTA REDACCIÓN OU TERCEIRAS PERSOAS SERÁN INCORPORADOS A UN ARCHIVO ONDE SE RECOLLERÁN AS SÚAS IP´S E SERÁN PRESENTADOS COA CORRESPONDENTE DENUNCIA DIANTE DA GUARDIA CIVIL. ESTE COMENTARIO FOI REMITIDO DENDE A IP 87.223.184.185
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.