1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Un ano máis a Festa da Praia de Xaviña resultou un éxito

A importancia dun medio de comunicación mídese pola relevancia que alcanzan e as consecuencias que provocan as súas noticias... ou incluso os seus banners. Fui anunciar Camarinas.eu a próxima publicación de certos documentos que obran no seu poder e todo fui histeria, victimismo, insultos e ameazas. Aparte de que algún que outro se fose literalmente polos pantalóns. Comprensible cando todo o patrimonio que a día e hoxe posee certo vago profesional, superviviente empeñado en afundir as opcións do seu propio partido en Camariñas, é un nada optimista futuro político. Nembargantes, consecuencia de que os redactores de Camarinas.eu non andemos enfangados en patéticos xogos de poder, nin en promesas desesperadas de sucesión política, nin de que teñamos que vivir a conta do traballo dunha esposa nin da pensión dunha sogra, naqueles momentos que se atopa un momento libre nunha axenda gracias a Deus repleta de traballo, ahí nos vamos a desfrutar cas boas xentes das súas festas máis significativas. Como por exemplo este 25 de xullo no Areal do Ariño en Xaviña.

Un día da Patria Galega que amanecía espléndidamente soleado pero axiña unha densa e frondosa borraxeira se encargaría de teñir de gris. Os operarios municipais a pesares de ser xornada festiva, a pesares dos recortes salariais recentes, deixaran todo o recinto xaviñán en óptimas condicións para que a partir das 13:00 unha multitude se adueñara do Ariño. Esto é o que acontece na España arruinada dos nosos días, mentras o asesor naviero segue a chupar máis de 25.000 euros anuais á Deputación pola noble labor de andar tirado polos bares e andar okupando clubs náuticos. Alleo a todo esto, porque o día que realmente tome conciencia da tomadura de pelo que se lle está a infinxir a conta dos seus impostos aquí vaise montar unha boa, o pobo humilde e traballador desfrutou dunha masiva sardiñada, das clásicas actuacións musicais da Asociación Municipal de Gaitas, de Abrindo Rejo, da asociación xuvenil folklórica de Camariñas e da actuación do cantautor Xan (que non Han, desgraciadamente) Solo. Unha data festiva, na que en definitiva aqueles que andan agochados en escuras guaridas conspirando e negociando sucesións políticas ás espaldas da súa propia militancia (ata o momento en que ésta se canse, farta de que os delincuentes sigan utilizar as siglas do partido en exclusivo beneficio propio) voltaron estar ausentes. Cáseque mellor así.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.