1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

 A parroquia máis grande do noso concello contará ca súa propia lumarea

Pois o sábado 23 de xuño tamén se confeccionou un completo programa de actividades para tan sinalada festividade na Parroquia de Xaviña. Será a partires das 22:30 horas no campo de As Pontes, xusto enfrente do templo románico que leva preto de 1.000 anos vendo o lume arrecender ao seu carón e que contará co fondo sonoro subministrado polo Grupo de Gaitas da Asociación Abrindo Rejo, a cal organiza o evento ca colaboración inestimable, por aquelo do tan necesario equilibrio territorial entre as diferentes poboacións que o agrupan, do Concello de Camariñas. E máis nestas épocas de políticos sen escrúpulos que se adican a enfrentar aos diferentes pobos en beneficio (máis ben cesante, dado o estado da súa declinante situación microeconómica) propio, outro exemplo máis da aplicación secular do inevitable "Divide y vencerás". Nembargantes non soen ser as de Xaviña unhas terras que se deixen enganar por supervivientes e enganabobos e así, unidos, felices, en comunión cos restantes veciños do seu concello, celebrarán unha espectacular cachela de San Juan na mellor paraxe posible: aquela que proporciona o templo sagrado máis antigo e fermoso dos contornos.

Cartel da lumarea xaviñana do 2012

Comentarios   

Juan_8
+1 # Juan_8 12/06/2012 16:38
Que ben ... por fin en Xaviña se celebra San Xoán despois de 2 anos! :lol: ¿Gustavos os cartel?
Denunciar ante o administrador
Dolores Rojo
+1 # Dolores Rojo 12/06/2012 18:23
Mi querida aldea donde naci y donde tengo gente tan querida y recordada, besos y cariños para todos los que me tengan en su memoria!!!
Denunciar ante o administrador
lucia018
+2 # RE: San Xoán 2012 en Xaviñalucia018 14/06/2012 09:23
ESCUITEN ALGO na formula hitt! sobre o de xaviña .. pos parece que promete! ojala se anime ben de xentiña a ir... :lol:
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.