- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Xaviña e Santa Mariña Xaviña e Santa Mariña
- Created: 22 Febreiro 2012 22 Febreiro 2012
Un carnaval sinxelo, familiar e humilde. Feito polas boas xentes da parroquia máis extensa do Concello de Camariñas e compartido cada vez por máis e máis persoas que non queren perderse a gran cita carnavalesca de Xaviña. Unha festa que contou este ano coa participación de tres promesas da canción, tres guapas rapazas que subiron ao palco montado pola Asociación Abrindo Rejo para reflexar diante das masas todo un torrente de voz e sabiduría musical. A camariñana Karina e as xaviñanas Yolanda e Erika deixáronse a pel no escenario para, nunha actuación a tres bandas, asombrar a todos os asistentes. Así e todo, despois houbo tempo para desfrutar cos disfraces de toda a vida e as comparsas que fixeron as delicias de todos con risas e comicadas a esgalla. Pero agora é o turno das rapazas cantantes (no mellor sentido da palabra, non estamos a falar de políticos caraduras que andan a denunciar ao cidadán de a pé) e de todo o seu chorro de voz que camarinas.eu trouxo a estas páxinas nunha noticia en exclusiva.

Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.