- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Xaviña e Santa Mariña Xaviña e Santa Mariña
- Created: 16 Febreiro 2012 16 Febreiro 2012

Se hai un entroido de carácter popular, dicharacheiro, multitudinario e gastronómico no noso concello ese é o xaviñán. Un ano maís ao carón da súa cáseque milenaria igrexa parroquial, organizado pola Asociación Abrindo Rejo e ca colaboración inestimable municipal, este domingo 19 de febreiro centos de persoas daranse cita nun evento con renome en toda a Costa da Morte. Como sempre haberá orellas, chocolate, filloas e como non o sorteo dun porquiño. Aquí en camarinas.eu apara ir abrindo boca ca nosa cita ineludible co entroido xaviñán procedemos a publicar unha galería fotográfica do derradeiro magosto celebrado na parroquia máis extensa do noso concello.






































































































































