Un mes despois nadie lle meteu man ao poste de luz contra o que faleceu Divanir
¡Que alguén borre esta ferida xa!
O 21 de Outubro deste ano, o xoven Divanir Sambade atopou tráxicamente a morte batendo co seu coche contra un poste de luz no final da baixada da Piosa. Un mes despois o maldito poste segue alí tumbado recordándonos a todos o fatal desenlace.Non sabemos quen é o responsable, se o concello, se Electra del Jallas, se Fenosa, non o sabemos. Nin nos importa. Pero por Deus, que alguén lle evite a esta familia a tortura de ter que ver tódolos días o poste maldito contra o que morreu Divanir. Multiples usuarios de Xaviña dirixíronse nas últimas datas a esta redacción clamando contra este despropósito. Ademáis do sufrimento psicolóxico para a familia hai que sinalar que a farola a pesar de estar derrumbada segue alumeando co conseguinte perigo de que haxa cables soltos. Ademáis de ser un perigo para a circulación. O dito, que alguén, quen sexa, arranxe esto xa.
Comentarios
Fui poñer esta denunsia,xusto un mes despois no mismo dia poñen o psote .
grasias CAMARIÑAS.EU
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.