Este domingo 6 de marzo ás 4 da tarde o entroido chega á Xaviña, a parroquia onde a tradición é lei, e faino por todo o alto nunhas festas convertidas pouco a pouco, a base de traballo, ilusion e gañas, nunhas das máis senlleiras da Costa da Morte. Os mellores disfraces, a festa máis desenfrenada, os máis abundantes e apetitosos ágapes, os premios máis suculentos terán lugar un ano máis nun entroido organizado pola exemplar xaviñana Asociación Abrindo Rejo. Na carpa instalada a carón da Igrexa Parroquial haberá: Premio á mellor comparsa, 1º, 2º e 3º premios para os mellores disfraces nas categorías de infantil, xuvenil e de adulto, así como un Premio Especial ao disfraz máis orixinal; a mellor música; unha enchenta definitiva a base de chocolate con churros, filloas, empanada, etc... todo gratis e como guinda especial realizarase o sorteo dun porquiño que promete dar días de gloria culinaria, un manxar para o día de mañán, sorteo para o cal aquí en camarinas.eu dende hai semanas xa temos os nosos boletos gardados a bo recaudo. Este domingo dende as 16:00 e ata ben entrada a noite, ¡¡TODOS A XAVIÑA!!
+1#Unha web impresionante —
Nonsei14/07/2011 22:24
camarinas.eu non ten nada que ver co diario camarinan; este sempre falando de politica mentras que camarinas.eu fala de todo. Moitos parabens para diego
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.