A antiga e inmemorial Igrexa románica de Xaviña vivío o seu día máis triste
Multitudinario enterro do xoven xaviñán
Despois do drama que anonadou a todo un concello, xa se pode decir que Divanir Sambade descansa en paz: a lá no silencio e tranquilidade do Cemiterio Parroquial de Xaviña despois dun enterro triste e amargo. Alí puidéronse ver grandes mostras da dor que producíu a pérdida dun bo rapaz ao que lle quedaba toda a vida por diante e no que prácticamente toda a parroquia de Xaviña enteira se dou cita para rendirlle unha sentida homenaxe a este rapaz novo que perdío a vida na carretera. Divanir, que Deus che teña na Gloria.
En primeiro no nome da familia moitas grazas a todos polo voso apoio esto foi un pau moi duro pero hai que seguir pra diante. Querialles comunicar que mañan Xoves 25 de Outubro vaise facer a misa da agonia por Divanir as 7 menos cuarto (18:45) en Santa Maria de Xaviña. D.E.P
A máis de 1000 kms. de distancia, un domingo pola mañá a voz da miña irmá doume unha noticia que me partiu o corazón. Divanir era o meu primo, un Sambade coma mín. Quédome co recordo dun rapaz que a última vez que o vin sorría na porta da súa casa unha tarde de inverno en Xaviña, mentres podaba as plantas e nos dicía:"¿qué tal primas?". Un hasta sempre Divanir... Un bico enorme para Paco, Laura, Fran e Lauriña.
Comentarios
D.E.P
Un hasta sempre Divanir...
Un bico enorme para Paco, Laura, Fran e Lauriña.
Nuria
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.