- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Xaviña e Santa Mariña Xaviña e Santa Mariña
- Created: 21 Outubro 2007 21 Outubro 2007

A televisión de Galicia desprazou unha unidade móbil a Xaviña
Un rapaz de Xaviña, víctima mortal dun grave accidente.
Esta madrugada sobre as 7:00 da mañá producíose un terrible accidente en Xaviña á altura da Piosa. Un coche conducido por un rapaz xaviñán duns 20 anos que viña da Ponte do Porto perdío o control baixando pola Piosa e empotrouse finalmente contra un poste da luz. O rapaz morreu no acto. Segundo testigos presenciais o coche circulaba a gran velocidade. O rapaz de iniciales D.S. chegaba de Ponteceso dunha noite de festa no "NoiteBús" que pasa na Ponte do Porto e alí baixou para coller o seu coche e dirixirse á súa casa. Nunca chegou, baixando a costa da Piosa, fóiselle o coche na curva empotrándose contra un poste de luz e morrendo no acto. En camarinas.eu sumámonos á dor da súa familia e amigos e dámoslle o noso máis sentido pésame.

Zona donde ocorreu o tráxico impacto
Comentarios
Baltasar Gracián (1601-1658) Escritor español.
(QEPD) En paz descanse
D.E.P
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.