- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Xaviña e Santa Mariña Xaviña e Santa Mariña
- Created: 19 Setembro 2007 19 Setembro 2007
A Cadena Ser envíanos hoxe unha noticia na que di que según a Capitanía Marítma da Coruña o barco camariñán Gallego José, pertencente a unha das sagas máis míticas de mariñeiros de Xaviña (Os Jallejos) non ten a estabilidade óptima para seguir navegando.
Ademáis, esta emisora de radio cita que este barco é xemelgo de outros que sufriron naufráxios coma o "Nuevo Pepita Aurora" ou o famoso "Bahía" que foi ao fondo cerca de Malpica e no que morreron dez mariñeiros. Foi á raiz deste naufraxio cando a inspección marítima da Coruña informou á Dirección Xeral da Mariña Mercante que o Gallego José tiña o centro de gravidade moi alto, cerca da liña de flotación co que a súa estabilidade veríase nunha situación crítica en condicións de mar forte ou mala xestión do barco.
Nós, dende camarinas.eu non temos nin idea de estabilidade de barcos ou de flotabilidade, etc.. pero si sabemos que se tan pouca estabilidade ten este barco xa debería de estar afundido fai anos cando foi do "Prestige" e os "Jallejos" viñan cargados do chapapote que tanto criticaba a Cadena Ser nesas épocas. Aquí unhas imaxes deses anos do "Prestige"
Enlace á noticia da Cadena Ser sobre o "Gallego José"

Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.