- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Xaviña e Santa Mariña Xaviña e Santa Mariña
- Created: 19 Xullo 2009 19 Xullo 2009

Unha pequeno rincón como Santa Mariña co tempo conseguío unha das mellores sardiñadas que existen
Vila pequena, Sardiñada grande
Constitúe un rincón remoto da Costa da Morte. Enclavada na ladeira dunha montaña que cae serpenteando cara o mar tenebroso do finisterrae atlántico. Os seus veciños superan en moi pouco os cen habitantes. Pero os que nela moran presumen con orgullo que cada 17 de xullo alí se celebra unha das mellores sardiñadas do mundo. Cun producto exquisito e unha condimentación perfecta. Unha festa gastronómica onde as sardiñas, o pan de broa, o viño, a cervexa e os cubaxas se reparten prodigamente sen ningún tipo de límite. Camarinas.eu, a web do pobo humilde e traballador, dos olvidados e ninguneados, non podía olvidarse de Santa Mariña e presentouse no que xa constitúe unha cita gastronómica a ter en conta nos calendarios culinarios desta Costa Atlántica e que dou o pistoletazo de saída para as Festas do Carme de Santa Mariña 2009.
Comentarios
SALUDO A TODO O PUEBLO ENTEIROOOOOOOOO OOOO
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.