- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Xaviña e Santa Mariña Xaviña e Santa Mariña
- Created: 02 Xullo 2009 02 Xullo 2009

O día 17 de xullo hai que estar na sardiñada de Santa Mariña e o 18 a encherse na de Camariñas
¡Santa Mariña vai nela!
Pois si, queridos usuarios o verán xa está aquí. Xa chegou, e co bo tempo chegan todas as actividades e festas que se organizarán durante toda a época estival no noso concello. Hai uns día que xa publicamos o gran cartel das Festas do Carme para este ano 2009 e hoxe procedemos a publicar o cartel das grandes festas que se realizarán na nosa querida vila de Santa Mariña e que contan cunha gran sardiñada que se realizará o 17 de xullo da cal din os que saben do tema que "a de Santa Mariña é unha das millores do mundo". En fin, camarinas.eu como web representativa de todo o Concello de Camariñas e 12º medio de comunicación por internet de Galicia estará alí este día tan importante para os veciños de santa Mariña para realizar unha completa reportaxe de todo o que alí aconteza. Así nolo pediron amablemente os representantes da Comisión de Festas e así o cumpliremos. Esperamos vervos a todos alí. Polo de agora: un gran cartel destas festas de Santa Mariña e unha pequena galería de fotos que nos manda o noso querido usuario "Chicote".
{multithumbs}
Comentarios
LASTIMA ESTAR TAN LONXE.
NON IMPORTA , ESE DIA O CORAZON ESTARA CON TODO SANTA MARIÑA Y CON TODA A MIÑA QUERIDA FAMILIA.
QUE O PASEDES MUY BEN Y A VER SI PO ANO ESTAMOS TODOS XUNTOS.
UN SAUDO JRANDE COMO SIEMPRE PA TODOS OS DO PUEBLO EN ESPECIAL A ANA Y JOSE,A HERMINDO Y MARICARMEN A CHICOTE Y MARIA, A ESTER Y ANTONIO,A MOUS VELLOS QUERIDOS ANTONIO,MARIA,J OSE,GONZALO,EDU ARDO,LEOPOLDO,A MELIA,LISA,LUZD INA,CARMEN DO RETORNO A MANOLO E A SUA MULLER,EN FIN NON QUERO SEJIR SINO NON QUEDA ESPACIO,UN ABRAZO A TODO SANTA MARIÑA QUERIDA !!!!!
QUEN ME DERAAAAAA!!!!!!
CARIÑOS A TODOS...
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.