4.6666666666667 1 1 1 1 1 Rating 4.67 (72 Votes)
Camarinas.eu estivo este sábado 13 de xuño acompañando ao humilde e noble pobo de Xaviña na súa festa de San Antonio porque si unha das misións desta web como medio de comunicación máis importante da Costa da Morte é o de fomentar e promocionar as nosas festas máis importantes outro dos sinos de camarinas.eu é o de recuperar e mostrar a todos os miles de usuarios as festas máis humildes ou as tradicións máis antigas deste noso Concello de Camariñas.

O San Antonio de Xaviña celebrouse este sábado na cal se orou unha misa cantada oficiada polo veterano cura párroco Don Mario e onde o Coro de Xaviña fixo gala das súas boas dotes para o cante. Rematada a misa os fieis recolleron a imaxe do seu santo e percorreron o treito ata a praza de Xaviña para levar ao San Antonio en procesión. Este cristiano peregrinar estivo acompañado pola renovada Banda de Gaitas da Asociación "Abrindo Rejo" que volve a carga con moitas caras xóvenes e algúns dos seus históricos integrantes como o concelleiro xaviñán Sergio Caamaño. Pulsa na foto para ver unha galería fotográfica de 120 fotos da procesión do San Antonio de Xaviña.

Comentarios   

Beldoña
+2 # RE: San Antonio de Xaviña 2009Beldoña 14/06/2009 17:47
Con todo o cariño para Xaviña e para os Antonios/as (o meu santo)

GAITA GALEGA

Sopla,sopla gaiteiriño
Sóplalle á gaita galega,
Que o aire que ti soplas
O fol devólvecho en festa.

O milagre de San Antonciño
Que se extende polas leiras,
Tranformando uns soplidos
En arte da nosa terra.

Antonio Puertas
Denunciar ante o administrador
hombre lobo
+2 # FELISIDADES.... .hombre lobo 14/06/2009 18:23
...PARA OS ANTONIOS INDA QUE CHEJEN UN POUCO TARDE..CHULISIM O REPORTAGE PARA ESTAR CASI NA MISA E NA PROCESION,TAMEN NOS ENSENHA BEN A AJRUPASION DE JAITAS ABRINDO REJO,QUE ESTA GENIAL..OS TRAXES BONITISIMOS,DIV ERSIDAD DE EDADES ENTRE OS COMPONHENTES E TOCAN E CANTAN TAMEN BEN..AH O LOGO OU ESCUDO DO JRUPO ESTA TAMEN CHULISIMO MUI ORIGINAL..A IGLESIA DE XAVINHA INDA QUE NON E MUI JRANDE E MUI BONITA E TENHENA MUI CURIOSA.
BELDONHA...GAIT A GALEGA...MUI BONITA COMO TODAS.SALUDOS.

P.D. DIEGOO!!!!...QU E CHULA A FOTO CA SOBRINHA,QUE JUAPINHA E,E QUE BEN CHE QUEDA NO COLO!!!...SALUD OS.

VITO
Denunciar ante o administrador
taller
+2 # RE: San Antonio de Xaviña 2009taller 15/06/2009 11:57
A banda de jaitas cos traxes mas bonitos...viva xaviña!!
Denunciar ante o administrador
rubiasexy
+2 # RE: San Antonio de Xaviña 2009rubiasexy 15/06/2009 13:28
muy bonito reportaje siseñor as fotos estan ben bonitas abia tiempo que eu non bia caras tan conosidas os traxes estan ben wapos bueno un saludo sefa eos pedros fuerteventura viva san antoi
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.