Rematan as obras en Xaviña

Rematan as obras en Xaviña

Os traballos de renovación do pavimento no camiño da Agra de Bouzas e a pista que vai do Pedrouzo a Gándara na parroquia de Xaviña remataron esta semana. Estas dúas  obras estaban cofinanciadas polo Concello de Camariñas e unha subvención de 32.720,82 euros do AGADER (a través do fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento do Rural) que conformaron a contía total que ascendeu a 39.592,19 euros. ...
O colexio de Xaviña podería reconverterse nun Centro de día para Maiores

O colexio de Xaviña podería reconverterse nun Centro de día para Maiores

Dende o 2020 o colexio de Xaviña deixou de acoller rapaces e rapazas nas súas aulas de forma definitiva e dende entón o edificio careceu de uso, polo menos até o de agora, xa que hoxe, 14 de Abril, a Xunta de Goberno Local acordou ofertar este antigo colexio de Xaviña como un posible Centro de Día para maiores. ...
Don José Antonio García Grille, veciño de Xaviña, Descanse en Paz

Don José Antonio García Grille, veciño de Xaviña, Descanse en Paz

Despois duns meses de relativa calma, volvía a azoutar a traxedia na tranquila parroquia de Xaviña cando as máis dolorosas espectativas de saúde dun querido veciño de Xaviña se facían realidade. Na tarde deste mércores 12 de xuño de 2019 esta redacción recibía a triste noticia da defunción do noso querido amigo Don José García Grille, máis coñecido como "Antonio da Roupa" aos seus tempranos 58 anos de idade. Don José Antonio, moi coñecido en toda a Costa da Morte debido ao seu traballo como vendedor ambulante polas feitas da bisbarra, falecía despois de sofrir un repentino trastorno de saúde que o deixaba ingresado en estado crítico no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee para, finalmente, falecer na tarde de hoxe acompañado da súa familia. O corpo sen vida do noso querido amigo está sendo velado no Tanatorio Municipal de Camariñas Irmáns Fernández Espín, dende onde sairá cara a Igrexa de Xaviña ás 17:00 horas deste xoves 13 de xuño. Xa no sagrado templo xaviñán, será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de don José Antonio para, acto seguido, ser realizado o seu sepelio no Cemiterio Parroquial de Santa María de Xaviña onde Don José Antonio terá merecido...
Don Enrique Barreiro Mouzo, veciño de Xaviña, Descanse en Paz

Don Enrique Barreiro Mouzo, veciño de Xaviña, Descanse en Paz

Continúa a sucederse sen solución de continuidade esa vaga de defuncións que está a asolar toda a parroquia de Xaviña neste mes de abril de 2019. Na tarde noite deste domingo 28 do mes en curso esta redacción era coñecedora da triste noticia que anunciaba o falecemento do noso querido amigo e colaborador desta web Don Enrique Barreiro Mouzo aos seus tempranos 55 anos de idade. O corpo sen vida de Don Enrique está sendo velado no Tanatorio Municipal de Camariñas Irmáns Fernández Espín, dende onde sairá cara a Igrexa de Santa María de Xaviña ás 17:45 da tarde deste luns 29 de abril. Xa no sagrado templo xaviñán será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Don Enrique para, acto seguido, ser realizado o seu sepelio no Cemiterio Veciñal de Xaviña onde os restos mortais deste querido veciño de Xaviña terán merecido descanso eterno. Dende esta redacción queremos dar as nosas máis sinceitas condolencias a toda a familia e amigos de Don Enrique e ofrecerlles todo o noso apoio nestes duros momentos que están a pasar. Descanse en Paz. ...
Don Ernesto Tajes Castro, veciño de Brañas Verdes, Descanse en Paz

Don Ernesto Tajes Castro, veciño de Brañas Verdes, Descanse en Paz

Desde un tempo a esta parte, pouco a pouco o lugar de Brañas Verdes, sito na parroquia de Xaviña, está a sofrir un continuo e incesante goteiro de defuncións. Xa sexa pola morte de persoas de longa idade como de xente nova e de mediana idade que está a causar esa terrible pidemia deste século que está a asolar a coqueta aldea dende hai uns anos a esta parte, o caso é que Brañas Verdes está a sofrir un terrible drama demografico que ameaza con deixar con dúas dúcias de habitantes este nucleo poboacional. Na noite deste venres 26 de abril de 2019, a redacción desta web recibía aflixida a noticia da defunción do querido veciño de Brañas Verdes Don Ernesto Tajes Castro aos seus 56 anos de idade. O corpo sen vida de Don Ernesto está sendo velado na sala 1 do Tanatorio de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde sairá cara a Igrexa Parroquial de Santa María de Xaviña ás 16:45 da tarde deste sábado 27 de abril. Xa no sagrado templo xaviñán será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Don Ernesto para, acto seguido, procederse a realizar o seu sepelio no Cemiterio...